Inicio Últimas Noticias A universidade como transformadora da sociedade

A universidade como transformadora da sociedade

A tenente de alcalde, Elena Espinosa, participou hoxe na presentación do libro “Pasión por la Educación” de Francisco Michavila . O acto que tivo lugar no edificio Redeiras da Universidade de Vigo contou coa presencia do autor do libro; do reitor da UVIGO, Manuel Regiosa e do presidente do Consello Social , Ernesto Pedrosa.

Elena Espinosa subliñou a “profunda pasión de Michavila polo mundo docente manifestada no libro que é un relato novelado da educación superior en España”. A publicación percorre a xuventude e madurez do autor sobre o que cualifica como o oficio máis fermoso do mundo: a docencia.

Publicado pola editorial Tecnos, Pasión por la educación, aborda a educación superior en España desde as súas raíces e fundamentos recentes ata as cuestións principais que definirán o seu futuro: os tipos de universidades, a formación do profesorado ou o estímulo da creatividade dos estudantes.

Leer más:   O Concello aproba o proxecto da nova praza pública entre Hernán Cortés e María Berdiales

Francisco Michavila Pitarch, catedrático de Matemática Aplicada da Universidade Politécnica de Madrid, é desde de 2019 Profesor Emérito da mesma. Ten unha extensa biografía como científico e humanista.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: "Todavía é posible solicitar as axudas para libros de 205 euros por estudante"
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 18 de enero de 2024