Inicio Últimas Noticias As óperas "Otelo" e "Carmen", en 2024, consolidan ao Auditorio Municipal como...

As óperas "Otelo" e "Carmen", en 2024, consolidan ao Auditorio Municipal como esceario operístico galego

Abel Caballero anunciou este xoves que o Auditorio Mar de Vigo retoma a temporada de ópera coas interpretacións de “Otello”, de Verdi e de “Carmen” de Bizet, co que se consolida como escenario operístico de referencia para Galicia e o norte de Portugal.

O alcalde afirma que tras o “éxito incontestable” de “A Traviata”, 2023, e co programa de 2024, o Auditorio Mar de Vigo consolídase “como un lugar de representación de representación de óperas para Galicia e para o norte de Portugal”.

O programa arrrinca o 10 de marzo con “Otello” , de Giuseppe Verdi. A interpretación promete unha experiencia emocional inesquecible na que o virtuosismo vocal combínase coa intensidade dramática para crear un espectáculo que deixará pegada.

Leer más:   Alumnado do Colexio Monterrey percorren os escenarios da Reconquista do programa municipal "A Máquina do Tempo"

O 2 de novembro o escenario acenderase con “Carmen” de Georges Bizet. Esta obra mestra é coñecida pola súa música emotiva e cativadora, con arias como “Habaneira” e “Toreador Song” que se converteron en clásicos da ópera.

As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com. Ofrécese un abono especial a un prezo reducido.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs galerías musealizadas do Castro recibiron preto de 6.000 visitantes en 2023
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 19 de enero de 2024