Inicio Últimas Noticias O rexedor valora o labor do albergue municipal

O rexedor valora o labor do albergue municipal

O alcalde detallou este luns que a ocupación do albergue municipal é do 98 por cento, con dúas prazas libres no caso dos homes, coa posibilidade de trasladar ás persoas que requiran axuda a outro espazo se fose preciso.

Abel Caballero incidiu en que o albergue “segue facendo a súa gran función” en Vigo e que, coa ocupación rozando o cento por cento, se é necesario, trasládase ás persoas que requiran axuda a outros albergues ou a hostais. “Ninguén queda na rúa se quere durmir baixo cuberto”, afirmou.

O rexedor sinalou que en novembro de 2023, o albergue rexistrou 1.064 pernoitas, atendendo a 102 persoas, dos que 82 foron homes e o resto, 20, eran mulleres. Apuntou que a esta medida súmase o dispositivo, que contabilizou 182 actuacións nas primeiras semanas do mes de xaneiro ante “un frío insoportable”.

Leer más:   O Concello edita un catálogo coa colección de Colmeiro


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde dá a benvida aos 21 axentes locais que se incorporan á Policía Local
Artículo siguienteAlcaldía Seguridade O alcalde dá a benvida aos 21 axentes locais que se incorporan á Policía Local Abel Caballero entregou as divisas aos 18 homes e 3 mulleres que toman posesión como funcionarios de carreira logo de finalizar o período de prácticas de xeito satisfactorio e despois de ter aprobada a oposición.