Inicio Últimas Noticias O Concello aprobará o martes o convenio para construír o instituto de...

O Concello aprobará o martes o convenio para construír o instituto de Navia

Abel Caballero anunciou este venres que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 23 de xaneiro o convenio para construír o Instituto de Navia. Lembrou que o goberno municipal reclama desde 2020 á Xunta a construción dun centro que evitará aos escolares da zona realizar percorridos diarios de ata 8 quilómetros para asistir a clases noutros institutos.

O alcalde afirmou que a administración galega acepta “agora” a demanda que fai tres anos “nos dicían que era inasumible”.

“Aprobaremos en Xunta de Goberno o convenio, enviarémolo, asinarémolo”, afirmou o rexedor ao recalcar que o goberno municipal procederá á firma a próxima semana e que “á Xunta non lle quedará máis remedio que construír o instituto de Navia”.

Leer más:   O Concello convida á cidadanía a gozar da programación do 8M, Día Internacional da Muller

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local garantiza que o 30 por cento das vivendas do edificio "Ardora" do Barrio do Cura sexan de protección
Artículo siguienteO goberno municipal aproba as bases da oferta de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022