Inicio Últimas Noticias O goberno municipal aproba as bases da oferta de emprego público dos...

O goberno municipal aproba as bases da oferta de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos de 2020 a 2022 coas que se cubrirán 214 prazas vacantes.

O alcalde valorou este venres a oferta que permitirá “xerar emprego e dar maior eficacia á administración municipal”.

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases xerais da convocatoria que permitirá a cobertura das vacantes incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022, que suma 214 prazas.

A primeira fase da convocatoria comeza coas vacantes en bombeiros, un total de 32 prazas, das que 30 son de acceso libre: sarxenta/o extinción incendios (2 de promoción interna), bombeira/o (23) e condutor/a bombeira/o (7). As prazas de Policía Local incluídas nestes procesos selectivos xa están resoltas.

Leer más:   Vigo solidarízase coas familias das vítimas do incendio de Valencia

ETAP do Casal

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á proposta de aprobación do proxecto modificado número 1 das obras de ampliación e modernización da ETAP do Casal, que ten un importe de 2.053.948 euros. As obras permitirán emendar as deficiencias estruturais detectadas no edificio de control e laboratorio, garantir a posta en funcionamento gradual da potabilizadora e adaptar o sistema de control de caudais á normativa vixente. A modificación supoñerá ampliar en 12 meses o prazo de execución da obra.
 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello aprobará o martes o convenio para construír o instituto de Navia
Artículo siguienteAlcaldía O goberno local garantiza que o 30 por cento das vivendas do edificio "Ardora" do Barrio do Cura sexan de protección A Xerencia de Urbanismo do próximo martes 23 de xaneiro aprobará o convenio coa promotora do proxecto residencial do Barrio do Cura sobre o edificio denominado “Ardora”, con forma de serpe, polo que o 30 por cento das vivendas serán de protección. Así o anticipou este venres o alcalde.