Inicio Últimas Noticias Vigocultura desprega un programa con 28 funcións durante o primeiro trimestre de...

Vigocultura desprega un programa con 28 funcións durante o primeiro trimestre de 2024

Abel Caballero presentou este martes a programación de Vigocultura do primeiro trimestre de 2024, que contará cun total de 28 funcións ata o día 28 de abril. Adiantou que a rúa do Príncipe será escenario, o vindeiro sábado 3 de febreiro, do primeiro espectáculo coa representación de “O Bosque Viviente”, de Sarao Produción e Animación.

O alcalde detallou que das 28 actuacións, 17 serán para adultos e outras 11 estarán destinadas ao público familiar.
Caballlero afirmou que o programa abarca a practicamente todos os ámbitos da representación, xa que conta con teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo, entre outras.

O rexedor incidiu en que cada trimestre gozan das actuacións de Vigo Cultura preto de 5.000 persoas. “Trátase dun número moi importante. É un gran éxito”, afirmou ao indicar que Vigo acolle a presenza de compañías de teatro dunha gran repercusión e que o Concello incide de forma especial no apoio ás compañías e artistas de Vigo.

Leer más:   25.000 personas utilizaron o Halo na primeira fin de semana de funcionamento

As representacións terán por escenario o Auditorio Municipal de Vigo.

Programación:

Sábado 3 de febreiro. Sarao Produccións: “O Bosque Vivinte”. Teatro de rúa
Viernes 9 de febreiro. Basilio Martí: “Transylvanian Suite”. Música
Sábado 10 de febreiro. Amorodio Teatro: “A nai”. Teatro comedias
Domingo 11 de febreiro. Markeliñe: “Mamut”. Teatro xestual
Viernes 16 de febreiro: Ainé Produccións: “Aquí tou”, monólogo de Xosé Antonio Touriñán
Sábado 17 de febreiro. Contraproduccións S.L.: “Apaga o candil”. Teatro comedia
Domingo 18 de febreiro. Trémola Teatro: “Brilla, brilla”. Teatro para bebés
Viernes 23 de febreiro. Ilusionista Pedro Volta: “Ilusionante”. Maxia
Sábado 24 de febreiro. Contraproduccións S.L: “Entrega en man”. Comedia
Domingo 25 de febreiro. Roi Borrallas: “Solo”. Marionetas
Viernes 1 de marzo. Iago Regueiro: “Gracias por venir, homenaje a Lina Morgan”. Comedia
Sábado 2 de marzo. Sarabela Teatro: “Made in Galiza”. Comedia
Domingo 3 de marzo. Olivas negras: “O rapto de Befana”. Comedia de máscara
Sábado 9 de marzo. Chévere Produccións: “Heller Keller, a muller marabilla?”. Teatro contemporáneo
Domingo 10 de marzo. A maga Fani: “Iguladade, onde estás?”. Maxia
Viernes 15 de marzo. Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”. Teatro contemporáneo
Sábado 16 de marzo. Artyc Content: “Que din as rumorosas”. Teatro contemporáneo
Domingo 17 de marzo. La Coja Dansa: “El cuento de Persépolis”. Danza
Viernes 12 de abril. Ron Lalá Teatro: “4×4”. Comedia
Sábado 13 de abril. Souvenir: “Non é unha canción”. Teatro contemporáneo
Domingo 14 de abril. Aina Maravillas&Portal71: “Las Cotton”. Marionetas
Viernes 19 de abril. De ste Xeito Produccións: “Neura”. Estreno. Comedia
Sábado 20 de abril. Pistacatro Productora de Soños: “La punta de mi nariz”. Circo
Domingo 12 de abril. Artefeito: “Cirqueiras”. Circo
Viernes 26 de abril. Cía Kirenia Danza: “Emigrantes”. Danza
Sábado 27 de abril. LAD Dance Compañy: Qualia”. Danza
Domingo 28 de abril. Pistacatro Productora de Soños: “361” de la Compañía Proyecto de Tránsito. Híbrido de circo y danza

Leer más:   O Concello chama a participar na gala solidaria da Asociación Bicos de Papel


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO HALO abrirá ao público na primeira quincena de febreiro
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 24 de enero de 2024