Inicio Últimas Noticias Vigo chega a FITUR con datos récord de turismo

Vigo chega a FITUR con datos récord de turismo

A cidade exporá a súa proposta turística para o ano 2024 no stand de TurEspaña o xoves ás 11:30 horas. Os datos turísticos do INE rexistran o ano 2023 como o mellor da serie histórica. “Conseguimos un turismo desestacionalizado dirixido polo Nadal”, afirmou o alcalde.

Vigo chega a FITUR cos mellores datos de turismo ao longo do ano 2023. O Instituto Nacional de Estatística deu a coñecer os datos de visitantes do mes de decembro, que no caso de Vigo medraron nun 21% con respecto ao ano pasado e un 51% sobre 2019. “O tirón das luces de Nadal é incontestable e así singularízano os datos”, afirmou o alcalde. O 44% dos turistas que se achegaron a Vigo no último mes do ano 2023 foron estranxeiros.

Leer más:   Os voluntarios do Concello terán formación para mellorar a súa acción

Así, este xoves ás 11:30 horas, o Concello exporá no stand de TurEspaña a súa proposta turística para o ano 2024 baixo o lema “Vigo: millóns de visitantes, millóns de embaixadores”, un acto que presentará a periodista de Radio Vigo e Televigo, Paula Montes, e que conducirá o xornalista Rodolfo Irago.

Abel Caballero explicou que na proposta estará o Nadal, “fenómeno turístico en toda Europa”, así como as Illas Cíes coa proposta de Xeoparque da UNESCO, os concertos gratuítos de Castrelos e o Marisquiño. “Como todos os anos, teremos un éxito indescritible”, asegurou o rexedor.

O turismo en Vigo rexistrou no ano 2023 cifras récord, superando segundo os datos de INE o medio millón de viaxeiros, con récord nos turistas nacionais, estranxeiros e totais, así como nas pernoctas, que se achegan ao millón.

Leer más:   O Concello adquire a Praza de Vialia


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl AstraZeneca Global Hub de Barcelona acoge a Rick R. Suárez como su presidente
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 25 de enero de 2024