Inicio Últimas Noticias O Concello concede 2.186 axudas á rehabilitación de vivendas por importe de...

O Concello concede 2.186 axudas á rehabilitación de vivendas por importe de 44,17 millóns

O goberno local continúa coa rehabilitación de vivenda e xa son 2.186 as axudas concedidas con tal fin. Aos 44,7 millóns dedicados a estas actuacións hai que sumar outros 6,4 millóns de fondos europeos para financiar obras de eficiencia enerxética.

Abel Caballero deu conta este venres da concesión de 2.186 axudas á rehabilitación en zonas ARIS, cun investimento de 44,7 millóns. Concretamente, xa remataron actuacións no Casco Vello, Bouzas, Bueu-Moaña, Santa Clara, Beiramar, San Pablo e San Roque.

A estas achegas, súmanse outras subvencións, neste caso procedentes de Fondos Next Generation EU, para a mellora da calidade residencial e o impulso ás actuacións de aforro enerxético. Con este fin, el Concello declarou a varias zonas da cidade como Espacio Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP). Beneficiaranse desta iniciativa propietarios de inmobles situados en 14 ámbitos da cidade: Casco Vello, Bouzas, Coia Amplia, Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, Gorxal, Alcalde Lavadores, Canicouva e Escolas Públicas. Tal e como explicou Caballero, o Concello conta con 6,4 millóns de fondos europeos para un programa que xa está en tramitación.

Leer más:   O goberno municipal humanizará a rúa República Arxentina


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Presentamos en FITUR o balance turístico máis exitoso de España”
Artículo siguienteTurismo Abel Caballero: “Presentamos en FITUR o balance turístico máis exitoso de España” O alcalde afirma que “Vigo ocupa un lugar tan importante en FITUR” ao constatar a atención á presentación da proposta turística para o ano 2024 por parte de profesionais, axencias e visitantes.