Inicio Últimas Noticias O goberno de Vigo aproba 12 proxectos para ampliar a rede en...

O goberno de Vigo aproba 12 proxectos para ampliar a rede en malla do servizo de abastecemento de auga

A Xunta de Goberno aprobou este venres 12 proxectos cos que se amplía a rede en malla do servizo de abastecemento da auga. “Seguimos ampliando o mallado da rede”, afirmou Abel Caballero ao explicar que o investimento nas novas obras ascende a 900.000 euros.

O alcalde avanzou que a listaxe de rúas onde se procederá á instalación da nova rede a partir do próximo mes de febreiro está integrado polas rúas San Correa, en Beade; Baixada a San Roque; Ramón Nieto; Isidoro Romero Caballero; Breadouro–Combro, en Coruxo; Doutor Corbal 69-67; Carrasqueira interiores, en Coruxo; ademais de nos camiños Eidos e Outeiro, en Sárdoma, Saíñas, en Samil, e Chumba, en Teis. A estes súmanse os dos CEIPS Santa Tegra e Paraixal.

Leer más:   Declaración institucional Vigo solidarízase coas familias das vítimas do incendio de Valencia A Corporación Municipal de Vigo amosou este luns a súa solidariedade coas familias das vítimas do incendio rexistrado no edificio residencial de Valencia, onde faleceron 10 persoas, gardando un minuto de silencio na Praza do Rei. O alcalde Abel Caballero trasladou a solidariedade dos concelleiros e da cidadanía viguesa tanto cos familiares como con toda a cidade de Valencia.

Caballero afirmou que as obras significan unha gran mellora no abastecemento, xa que no caso dunha avaría a auga chegará ás vivendas a través do mallado ampliado.

As obras que comezarán en febreiro súmanse ás realizadas desde 2019 en Coruxo, Lavadores, García Barbón, Carballal, Hernán Cortés, Emilia Pardo Bazán, Sárdorma e A Salgueira.

O rexedor apuntou que ás melloras que conleva a extensión do mallado da rede de abastecemento da auga completarase coa próxima entrada en funcionamento da nova potabilizadora “paga ao cento por cento polo Concello e Xunta de Galicia cero”. Incidiu en que “vai significar unha mellora aínda máis importante na calidade da auga de Vigo.

Leer más:   O alcalde recibe á Asociación Xaruma


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Presentamos en FITUR o balance turístico máis exitoso de España”
Artículo siguienteTurismo Abel Caballero: “Presentamos en FITUR o balance turístico máis exitoso de España” O alcalde afirma que “Vigo ocupa un lugar tan importante en FITUR” ao constatar a atención á presentación da proposta turística para o ano 2024 por parte de profesionais, axencias e visitantes.