Inicio Últimas Noticias A Corporación de Vigo demanda o aumento das prazas presenciais de Formación...

A Corporación de Vigo demanda o aumento das prazas presenciais de Formación Profesional

A Corporación Municipal aprobou no pleno deste luns a moción do PSdeG-PSOE, que contou co apoio do grupo municipal do BNG, coa que instan á Xunta a aumentar o número de prazas de Formación Profesional en Vigo e rexeitan a eliminación de 2.000 prazas.

A oferta actual de Formación Profesional pública en Vigo é manifestamente insuficiente cualitativa e cuantitativamente como consecuencia da redución de prazas e de ciclos de carácter presencial”. Así se expresou este luns a concelleira de Educación, Olga Alonso, ao presentar a moción do grupo socialista para instar á Xunta a aumentar a oferta tanto en prazas como en especialidades de formación, e para demandar a incorporación de competencias emerxentes como innovación, dixitalización, sostibilidade ou emerxencia climática.

Leer más:   Urbanismo O alcalde valora o “extraordinario” proxecto seleccionado para a construción de vivendas e espazos dotacionais en Barreiro O primeiro premio do concurso de ideas fallado hoxe foi para H.E.Co (Híbrido, Ecolóxico e Cohabitacional), un proxecto que recolle a construción de 88 vivendas, tamén de protección pública, un centro cívico, auditorio e aparcamento. “Un espazo referencial para uso cidadá” en Lavadores.

A edil asegura que no presente curso a oferta pública minguou con respecto á de 2022-2023 como consecuencia da supresión de preto de 2.000 prazas de clases presenciais, repartidas entre 70 ciclos e 600 prazas da oferta ordinaria e máis de 40 clases e 1.200 postos para adultos. Fronte á diminución da docencia presencial, a docencia en liña creceu nun 73 por cento, segundo explicou.

Olga Alonso lamentou os 15 anos perdidos en Galicia cos gobernos da Xunta para mellorar a Formación Profesional en Galicia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello comprométese a seguir vixiando as 56 praias de Vigo ata que exista o menor risco de contaminación de pellets
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 30 de enero de 2024