Inicio Últimas Noticias O Concello comprométese a seguir vixiando as 56 praias de Vigo ata...

O Concello comprométese a seguir vixiando as 56 praias de Vigo ata que exista o menor risco de contaminación de pellets

A moción do grupo socialista solicitando á Xunta de Galicia a creación dun Comité de Crise, no que se conte coa FEGAMP e os alcaldes afectados, só foi rexeitada polos 3 concelleiros populares. Tamén tivo luz verde a esixencia ao goberno autonómico de accións para paliar as consecuencias da marea plástica de pellets.

A concelleira de Medioambiente, Nuria Rodríguez, defendeu a moción socialista na que se lle esixe a Xunta de Galicia a creación dun Comité de Crise. Neste organismo participarán, ademais das autoridades autonómicas e o goberno central, a FEGAMP e os alcaldes e alcaldesas dos municipios afectados, con independencia do nivel que sexa preciso activar, co fin de que poidan participar directamente na resolución de calquera tipo de crise que xurda. Na súa exposición, Nuria Rodríguez, sinalou o reiterado compromiso do ente municipal vigués na vixilancia dos areais.

Leer más:   Alcaldía Vigo será sede do Festival de Arquitectura Urbana “TAC!” Abel Caballero acudiu esta mañá á presentación en Madrid da terceira edición do certame, na que a Porta do Sol de Vigo acollerá do 13 de xuño ao 14 de xullo o pavillón temporal de TAC!

Co apoio dos representantes do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, e o voto negativo do Partido Popular, a moción aprobada tamén reclama a posta a disposición de medios técnicos aos concellos afectados e a centralización da reclamación de custes e indemnizacións.

Moción sobre a marea plástica

Tamén se deu luz verde, co voto favorable de nacionalistas e socialistas, á demanda de accións á Xunta de Galicia para paliar as consecuencias da marea plástica nas costas galegas. Entre a batería de esixencias incluídas na moción, o Pleno aprobou que se faga efectiva a colaboración cos concellos, poñendo de inmediato medios técnicos á súa disposición.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Pleno apoia a manifestación do 4 de febreiro en Santiago para “salvar a sanidade pública galega”
Artículo siguienteVías e Obras Esta semana comeza a instalación do ascensor entre Travesía e Aragón Abel Caballero deu conta do avance da obra do corredor mecánico entre Travesía e Aragón, na que este domingo xa se instalou a rampla que une Santo Cura de Ars e Aragón. A instalación do ascensor que unirá Travesía e Santo Cura de Ars comezará a súa montaxe a finais de semana.