Inicio Últimas Noticias A Reconquista despregaráse en marzo e abril con 70 actuacións, e ampliará...

A Reconquista despregaráse en marzo e abril con 70 actuacións, e ampliará o mercado cara a rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso

A 30 edición da Festa da Reconquista de Vigo, que este ano se celebrará en dous fins de semana intercalados con Semana Santa: 23 e 24 de marzo e do 5 ao 7 de abril, anticípase como a “crónica dun éxito excepcional” tanto pola participación de miles de persoas na celebración que ten lugar no Casco Vello, como pola ampliación do espazo onde se despregarán o mercadillo e as 70 actividades programadas. Así o anticipou este mércores Abel Caballero ao presentar a “maior romaría urbana” das cidades galegas que este ano incorpora a rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso como espazo festivo.

O carácter de autoidentificación de Vigo e dos vigueses, que proporciona á Festa da Reconquista dun carácter distinto ao resto das celebracións festivas, é un dos factores do éxito da conmemoración que cada ano reúne no Casco Vello da cidade a miles de persoas que se animan a participar na “inmensa romaría urbana”. Deste xeito presentou o alcalde a nova edición da festa que conta co apoio económico e de organización do Concello.

Leer más:   Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid

Acompañado polos concelleiros Ángel Rivas, Patricia Rodríguez e Ana Laura Iglesias, así como polo autor do cartel, Rubén Suárez, e polos directivos da Asociación Veciñal Casco Vello, José Fumega e Fiz Axeitos, Abel Caballero, presentou a 30 edición da festa que este ano crece coa instalación de postos do mercadillo nas rúas Elduayen e Paseo de Alfonso.

José Fumega anticipou o despregamento este ano dun mercadillo con 200 postos, así como a actuación de 70 grupos e a participación de 1.750 escolares na “Reconquistiña” que terá o día 3 de abril, entre unha longa listaxe de actividades.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLiderazgo de sanidad, con un 48,11%, en matriculaciones de FP
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 1 de febrero de 2024