Inicio Últimas Noticias Caballero: "E moi importante que as nenas sexan conscientes das súas enormes...

Caballero: "E moi importante que as nenas sexan conscientes das súas enormes capacidades científicas"

“É moi importante que as nenas se habitúen aos estudos científicos e ás contribucións científicas e que sexan conscientes da súa enorme capacidade”. É a mensaxe dirixida este xoves polo alcalde aos alumnos de seis centros de primaria e secundaria de Vigo con motivo da celebración, no Museo Verbum, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

O rexedor destacou ante os 185 alumnos de distintos centros de Vigo que participaron na celebración, no Verbum, do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o caso da cientifica viguesa Begoña Vila, que nestes momentos dirixe no telescopio espacial James Webb a fotografía do momento da aparición do universo. “Científica en estado puro, cunha enorme capacidade, e unha muller viguesa. Calquera moza de Vigo pode chegar a ese nivel, co propio coñecemento de estar perfectamente capacitada para levalo adiante”, argumentou o rexedor ao sinalar o exemplo da física viguesa que traballa para a NASA.

Leer más:   Infraestructuras Alcaldía Vigo Vertical 25.000 personas utilizaron o Halo na primeira fin de semana de funcionamento A entrada en funcionamento do Halo, a pasada fin de semana, atraeu o interese das 25.000 persoas que pasearon polo novo elemento do Vigo Vertical que comunica a rúa de García Barbón con Vía Norte; a zona máis próxima ao mar coa parte alta da cidade. “O nivel arquitectónico é único, dunha beleza excepcional”, afirmou Abel Caballero ao destacar que o Halo “vertebra” á cidade e favorece a mobilidade.

Abel Caballero incidiu en que as mulleres demostran nas universidades unha gran capacidade de aprendizaxe e desenvolvemento de investigación, ” que tamén pode ser de forma moi especial na ciencia”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs ramplas mecánicas entre as rúas Santo Cura de Ars e Aragón entrarán en servizo a próxima semana
Artículo siguienteAlcaldía Vigo Vertical As ramplas mecánicas entre as rúas Santo Cura de Ars e Aragón entrarán en servizo a próxima semana Abel Caballero informou este xoves que o Concello amplía as dotacións do Vigo Vertical coa entrada en funcionamento a semana que vén da nova rampla mecánica desde Santo Cura de Ars ata a rúa Aragón.