Inicio Últimas Noticias O alcalde apoia as reivindicacións da plataforma Loita de defensa dos dereitos...

O alcalde apoia as reivindicacións da plataforma Loita de defensa dos dereitos dos nenos e as súas familias

Abel Caballero mantivo un encontro este xoves cunha representación da Plataforma Loita que procura unha “maior humanización nos nacementos por cesárea, nos partos difíciles e nos tratamentos de atención temperá aos bebés no Álvaro Cunqueiro.”

O rexedor trasladoulles o apoio municipal ás súas reivindicacións e pediu que se “actúe no Cunqueiro para entrar nunha nova cultura da presenza e de maior atención ás mulleres e bebés” co fin de evitar a discriminación, xa que nestes momentos no hospital vigués non se permite a presenza dos pais nos tratamentos, como si ocorre noutros centros sanitarios galegos.

A Plataforma Loita traballa na defensa dunha maior humanización no tratamento sanitario, nos partos difíciles e nos tratamentos de atención temperá das nenas e nenos de Vigo, en definitiva, nunha “maior humanización da medicina coas nenas e nenos e coas súas familias”, apuntou Caballero engadindo que as súas demandas xa están recoñecidas nas leis e estatutos sanitarios.

Leer más:   O goberno municipal desmente que o PXOM retire proteccións en Castrelos e o Castro

Na reunión estiveron presentes Tamara Campos, voceira de Loita; Mari Mar Cuíñas, representante de atención temperá de Loita; Nadia A Marca, presidenta de Rede Cría, asociación de crianza respectuosa; Leticia Costa, representante de Teta e Colo, asociación de lactancia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA celebración do Entroido á espera da evolución meteorolóxica
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 9 de febrero de 2024