Inicio Últimas Noticias O programa municipal de murais artísticos incorpora 8 novos edificios

O programa municipal de murais artísticos incorpora 8 novos edificios

O Concello suma outras 8 novos murais artísticos aos 177 instalados en toda a cidade. A aprobación do X Programa de pintado de medianeiras e outros elementos verticais foi adoptado este venres polo goberno municipal.

Murais de edificios do paseo de Coia, das rúas Nigrán, Ourense, Travesía de Vigo, Robleda, así como do Auditorio de Teis, da Asociación Veciñal de Matamá e da pista deportiva da Salgueira, incorpóranse ao inventario de intervencións artísticas despregadas en Vigo desde 2015. Así o avanzou o alcalde ao lembrar que a cidade conta xa con 177 elementos artísticos: 131 medianeiras e 46 murais en colexios.

“Poñémonos en marcha para seguir incrementando o número de murais da gran arte urbana”, incidiu.

Leer más:   O Concello destaca o "esforzo" que conleva a celebración do "XXXIII Salón do Automóbil"


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal adxudica o proxecto de mellora da Piscina de Teis
Artículo siguienteAlcaldía O goberno municipal adxudica o proxecto de mellora da Piscina de Teis A Xunta Local de Goberno de Vigo adxudicou este venres o contrato para redactar o proxecto de mellora da piscina municipal de Teis, gravemente deteriorada tras o incendio. Así o anunciou o alcalde ao explicar que a situación actual da infraestrutura require unha “reconsideración total”.