Inicio Últimas Noticias O Concello edita un catálogo coa colección de Colmeiro

O Concello edita un catálogo coa colección de Colmeiro

O libro dá a coñecer toda a obra do pintor Manuel Colmeiro propiedade do Concello de Vigo. O obxectivo é por en valor as 188 obras do artista da colección municipal “e achegar a cultura a toda a cidadanía”, tal e como expresou o edil de Cultura, Gorka Gómez.

O Concello de Vigo pon a dispor da cidadanía, os museos, universidades, bibliotecas e o mundo da arte 300 exemplares do novo catálogo coa obra propiedade do Concello de Vigo de Manuel Colmeiro. A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego acolleu a presentación do novo libro xunto aos familiares e persoal do sector na que puxeron de manifesto a importancia do artista e a súa pintura.

O concelleiro de Cultura cualificou o catálogo como “brillante”, que da a coñecer a obra dun dos mellores e máis relevantes dos artistas. Gorka Gómez avanzou que o Concello “seguirá a traballar para por en valor aos nosos artistas os próximos anos” e que o obxectivo “é achegar a cultura a toda a cidadanía”. José J. Ballesta, coordinador da edición, falou dun “traballo exhaustivo e exitoso”, ao que a autora dos traballos de catalogación, Beatriz Liz, engadiu que “cada obra foi analizada unha por unha”. “Quen queira coñecer a Colmeiro, ten que vir a Vigo”, concluíu na súa intervención. A familia de Colmeiro, representada por Alba Corral, agradeceu a labor municipal de levar adiante este proxecto.

Leer más:   Os Harlem Globetrotters volven a Vigo

O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) está considerado unha das figuras máis relevantes da historia da arte galega. Membro senlleiro do grupo d’Os Novos participou activamente na renovación da plástica galega levada a cabo durante os anos 30 do pasado século XX. Dentro do grupo d’Os Novos, e posteriormente en toda a súa carreira, o pintor amosou marcada personalidade artística que, en permanente e coherente evolución, levouno a converterse en referencia ineludible da arte galega contemporánea.

O Concello de Vigo posúe actualmente a máis extensa colección de obras de Manuel Colmeiro existente a nivel nacional. O Concello de Vigo atesoura cerca de 200 obras do pintor onde están representadas todas as súas épocas, todas as súas técnicas e todos os seus temas, sendo Vigo polo tanto unha vez máis, non só referencia ineludible para coñecer a Colmeiro, senon o devir da plástica galega do século XX grazas ás súas coleccións e museos.

Leer más:   O alcalde confirma que o Concello reforzará a cooperación con Asime

Desde o Concello, o obxectivo é contribuír á que a figura de Manuel Colmeiro acade aínda máis recoñecemento, chegue máis alá das nosas fronteiras, lembrando o que representou e aínda hoxe representa na arte contemporánea española e galega.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento
Artículo siguienteEducación Alcaldía Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento Abel Caballero anunciou este xoves que a xunta de goberno de Vigo aprobará mañá a axuda de máis de 355.000 euros destinada a colexios públicos de infantil e de primaria para cubrir o custo das reparacións para realizar nas instalacións escolares, así como unha asignación de 1.050.000 euros para a xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas.