Inicio Últimas Noticias Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de...

Os colexios públicos de infantil terán 355.000 euros para o programa de autoxestión do mantenimento

Abel Caballero anunciou este xoves que a xunta de goberno de Vigo aprobará mañá a axuda de máis de 355.000 euros destinada a colexios públicos de infantil e de primaria para cubrir o custo das reparacións para realizar nas instalacións escolares, así como unha asignación de 1.050.000 euros para a xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas.

Abel Caballero explicou que, co programa de autogestión, que contará neste ano con 355.000 euros, os centros escolares afrontan o mantemento, conservación e reparación das súas instalacións con actuacións preventivas de pequena entidade.

O alcalde indicou que dos 50 colexios que contarán con fondos para afrontar o mantemento ordinario das instalacións atópanse seis de educación infantil; 43 de educación primaria, e un de educación especial.

Leer más:   Festas e Animación Sociocultural Abel Caballero: “O 17 de agosto teremos a Melendi en Castrelos” O rexedor vigués desvelou este mércores a primeira actuación do programa Vigo en Festas deste verán, o artista ovetense Melendi, “un dos concertos máis solicitados polas viguesas e vigueses”.

Contratación da xestión das escolas municipais infantis de Tomás Alonso e Bouzas

O rexedor avanzou este xoves que o goberno local aprobará a contratación do servizo das escolas municipais infantís de Tomás Alonso e de Bouzas, por un importe anual de 525.000 euros cada unha. “Estamos en torno ao 1.050.000 euros para a gratuidade das actividades educativas, de alimentación e de todo o que ten que ver co coidado dos nenos”, incidiu.

Caballero lembrou que as escolas municipais de Vigo “son completamente gratuítas, incluído o comedor”, e que son financiadas ao cento por cento polo Concello .


- Te recomendamos -
Artículo anteriorNapptilus Tech Labs muestra en el MWC su elenco de startups transformadoras, destacando las basadas en IA
Artículo siguienteO Concello edita un catálogo coa colección de Colmeiro