Inicio Últimas Noticias Vigo solicita á Xunta a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro

Vigo solicita á Xunta a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro

A moción socialista saíu adiante co voto en contra do Partido Popular. O voceiro, Carlos López Font, tamén instou á Xunta á cesión dunha parcela próxima ao Hospital “para que o Concello constrúa outro aparcadoiro gratuíto para traballadores e usuarios”.

O Pleno aprobou, unha vez máis, instar á Xunta de Galicia a facer gratuíto o aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro. A moción, presentada polo Grupo Socialista, foi aprobada cos votos do PSdeG-PSOE e o BNG, mentres que o Partido Popular votou en contra.

O voceiro socialista, Carlos López Font, defendeu no debate que “ao igual que é gratuíto o aparcadoiro construído polo Concello, a Xunta de Galicia tamén faga o mesmo”. Amais, os socialistas requiriron novamente tamén ao goberno autonómico a cesión “gratuíta ou por adquisión” da parcela 5 do Complexo Hospitalario para a construción dun novo aparcadoiro municipal gratuíto para traballadores e usuarios do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Leer más:   O Concello entrega gratis 1.000 compostadores para o tratamento domiciliario dos biorresiduos

“O único alivio da situación do pago por aparcar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi a construción, por parte do Concello, dun aparcadoiro de 400 prazas, e queremos facer outro. A situación actual provocada pola Xunta supón un copago na sanidade”, lamentou López Font na súa intervención.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo solidarízase coas familias das vítimas do incendio de Valencia
Artículo siguienteDeclaración institucional Vigo solidarízase coas familias das vítimas do incendio de Valencia A Corporación Municipal de Vigo amosou este luns a súa solidariedade coas familias das vítimas do incendio rexistrado no edificio residencial de Valencia, onde faleceron 10 persoas, gardando un minuto de silencio na Praza do Rei. O alcalde Abel Caballero trasladou a solidariedade dos concelleiros e da cidadanía viguesa tanto cos familiares como con toda a cidade de Valencia.