Inicio Últimas Noticias Caballero e Losada afondan na mellora da cooperación entre o Concello de...

Caballero e Losada afondan na mellora da cooperación entre o Concello de Vigo e o Estado

Abel Caballero adiantou este venres a mellora que experimentará a cooperación entre as administracións municipal e estatal coa incorporación de Abel Losada ao cargo de subdelegado do Goberno en Pontevedra. Así o apuntou o alcalde tras a reunión onde quedou patente que o nomeamento do exconcelleiro do seu goberno garante “a presenza de Vigo nas decisións que desde a subdelegación do Goberno tómense para o conxunto da provincia e da cidade”. Losada coincidiu co rexedor no anticipo dunha “relación máis fluída” entre o Concello e a representación do Goberno en Pontevedra.

O alcalde remarcou hoxe que o amplo coñecemento de Vigo de Abel Losada como consecuencia do seu traballo como concelleiro “significa unha facilidade” para as decisións que se adopten desde a subdelegación en relación coa cidade.

Leer más:   Alcaldía Vigo acada os 300.997 habitantes empadronados O Concello trasladou ao Instituto Nacional de Estatística a cifra de habitantes que figuran no padrón municipal con data 1 de xaneiro de 2024. Para Abel Caballero esta cifra “amosa o que significa Vigo, de largo a maior cidade de Galicia e unha das grandes de España con máis de 300.000 habitantes”.

Caballero incidiu no novo escenario de “mellora das cousas vistas desde Vigo e da área Metropolitana” , tras unha etapa de relación, que cualificou como “moi boa e moi fluída”, coa anterior subdelegada Maica Larriba. “Agora a vantaxe é que xa non é necesario que indique as cuestións da cidade porque Losada coñéceas perfectamente”, insistiu o rexedor.

Entre os acordos adoptados na reunión figura a próxima convocatoria do consello de seguridade.

O subdelegado do Goberno trasladou o seu propósito de que as relacións entre as administracións local e central “mellore e sexa máis fluída, despois de que eu son vigués”. Abel Losada remarcou que entre os seus propósitos se atopa “visibilizar, da man do Concello” a presenza do Estado no territorio, para que poidan “comparar os enfoques dunhas e outras administracións”.

Leer más:   VigoCultura festexa o Día Mundial do Circo con tres representacións no Auditorio Municipal


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde valora o “extraordinario” proxecto seleccionado para a construción de vivendas e espazos dotacionais en Barreiro
Artículo siguienteO Concello licita o proxecto para pavimentar a Avenida de Citroën e adxudica a instalación do novo céspede artificial das Travesas