Inicio Últimas Noticias Caballero considera "imprescindibles" as tres novas ramplas mecánicas de Lavadores entre O...

Caballero considera "imprescindibles" as tres novas ramplas mecánicas de Lavadores entre O Gandarón, Severino Cobas e Ramón Nieto

Abel Caballero, e os concelleiros Carmela Silva e Javier Pardo, arrincaron este luns as obras de construción das segundas ramplas mecánicas de Lavadores, que conectarán a zona de Gandarón e Severino Cobas con Ramón Nieto a través do Colexio Losada, así como as de humanización de toda a zona.

O alcalde asegurou hoxe que as tres novas ramplas mecánicas de Lavadores son “imprescidibles” para facilitar a mobilidade nunha zona que conta con desniveis próximos ao 20 por cento, “chegando ao 21 por cento nalguha zona”.

Caballero sinalou que as novas ramplas contarán cun investimento de 2.35.531 euros, dos que o 70 por cento, un total de 1.614.000 euros, proveñen de fondos europeos Next Generation EU, e que estarán operativas en novembro.
O rexedor detallou que, cunha lonxitude de cerca de 100 metros, as  ramplas salvarán unha diferenza de cota de 18 metros.
A segunda rampla de Lavadores  estará cuberta con pórticos similares ás de Gran Vigo.
Nestes momentos o Concello ten en marcha as ramplas mecánicas de Ramón Nieto ao centro de saúde de Lavadores e CEIP Fonte Escura; Escultor Gregorio Fernández, entre travesía de Vigo e Aragón e o ascensor entre Romil e Hispanida

Leer más:   O TSXG confirma a legalidade da decisión municipal de prorrogar a concesión de Aqualia

Humanización

O rexedor  recalcou que as obras contemplan a humanización da zona coa sustitucición da rede de abastecemento e saneamento, así como de pluviales, telecomunicacións, iluminación pública. Ademais, instalaranse 7 bancos, 6 papeleiras e novas xardineiras.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorUniversidad Alfonso X el Sabio: una promoción con éxito total en los exámenes de MIR
Artículo siguienteO Concello pon en marcha o programa de cross escolar, que mobilizará a 2.000 participantes