Inicio Últimas Noticias O goberno municipal aproba o Plan de Dinamización e Desenvolvemento do Deporte

O goberno municipal aproba o Plan de Dinamización e Desenvolvemento do Deporte

Abel Caballero indicou que “fixa as liñas básicas de actuación de 2024 a 2027”. Na Xunta de Goberno tamén se aproba a adxudicación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de Vigonature ata 2025.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao Plan de Dinamización e Desenvolvemento do Deporte de 2024 a 2027, que como indicou o rexedor vigués, entre os obxectivos principais encóntrase “seguir promocionando a marca Vigo como cidade do deporte; impulsar a oferta deportiva de calidade coa celebración de grandes eventos; tratar de atraer novos proxectos e dinamizar propostas de interese de deporte-espectáculo de alto nivel”.

Caballero tamén indicou que dentro do plan “seguiremos mobilizando os programas e actividades como as carreiras da RunRunVigo; a San Silvestre ou o cross escolar”, xunto coas “actividades das escolas deportivas e a liga de natación escolar, entre outras”. Tamén se establecen as liñas de apoio para os deportes de base e de elite e o desenrolo de eventos deportivos.

Leer más:   O TSXG confirma a legalidade da decisión municipal de prorrogar a concesión de Aqualia

Vigonature

O alcalde tamén anunciou a adxudicación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de Vigonature ata 2025 por 239.156€. “Agora que xa non temos animais en cautividade, transformamos o antigo VigoZoo en VigoNature, creamos un espacio de divulgación para vivir a natureza” sinalou Caballero.

Humanización Rúa Mandín

Aprobación da mellora do saneamento e humanización da rúa Mandín, en Bembrive, e da súa contorna. Con esta actuación solucionaranse os problemas actuais que se producen coas choivas de alta intensidade.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo solidarízase o 8M con todas as mulleres do mundo
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 9 de marzo de 2024