Inicio Últimas Noticias O Concello abre este martes o prazo para inscribirse nas actividades de...

O Concello abre este martes o prazo para inscribirse nas actividades de Vigo Inclusivo

Vigo Inclusivo é un programa de ocio e tempo libre dirixido a persoas con diversidade funcional, a partir dos tres anos de idade. O Concello oferta 35 prazas para realizar actividades culturais e obradoiros durante a Semana Santa “co obxectivo de promover a educación e desenvolvemento así como a conciliación familiar”, dixo o alcalde.

O Concello abre este martes 12 de marzo o prazo para inscribirse no programa municipal Vigo Inclusivo. O alcalde explicou que poñen a dispor das familias con persoas con diversidade funcional 35 prazas durante a Semana Santa “para a educación e desenvolvemento destas persoas e a conciliación familiar”.

Este programa incluirá a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de obradoiros e actividades específicas. Serán os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril no Verbum, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Leer más:   O alumnado do CEIP Plurilingüe O Sello coñece as instalacións municipais

Poderán ser beneficiarias persoas con diversidade funcional, a partir de tres anos, e empadroadas no Concello de Vigo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde reúnese co tecido social e empresarial da cidade e urxe á Xunta a aprobación "inmediata" do PXOM
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 12 de marzo de 2024