Inicio Últimas Noticias Caballero anima á participación na 10K de Teis, "cun recorrido moi atractivo"

Caballero anima á participación na 10K de Teis, "cun recorrido moi atractivo"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá a que este domingo (10:00 horas) será a terceira cita do circuíto Run Run Vigo, que quince días despois da proba do Calvario 5+5 dirixirá aos “runners” ao barrio de Teis, onde está prevista a quinta edición da chamada 10K de Teis.

“Alento a participación porque é unha carreira de percorrido moi atractivo e para que os atletas poidan seguir gozando da Run Run Vigo”, dixo o xefe do goberno vigués, acompañado na rolda de prensa polo edil de Deportes, Manel Fernández, a concelleira de Turismo, María Lago, Roberto Giráldez, xerente do Mercado de Teis -a Asociación de Comerciantes de Teis organiza o evento- e por Marcos Gerpe, en representación do Banco Santander, patrocinador privado do evento.

Leer más:   VigoCultura festexa o Día Mundial do Circo con tres representacións no Auditorio Municipal

O rexedor lembrou que a proba contará cunha saída única ás 10:45 horas para os 5K e os 10K, puntuables as dúas distancias para o circuíto municipal de carreiras populares, e tamén cunha andaina e unha marcha nórdica. Esta cita atlética co asfalto pertence ao Run Run Vigo desde 2020 e a súa inscrición péchase este mércores. Corenta e cinco minutos antes da gran saída, as probas de cativos.

Caballero valorou o “running” como “vida saudable”, pero tamén recoñeceu que estas carreiras contan tamén con “atletas con grandes marcas nunha mañá nas que se reúnen familias” ao redor desta modalidade e “hai moita satisfacción”.
A organización estima que o domingo, entre as carreiras de menores, as distancias do circuíto, a andaina e a marcha nórdica, reuniranse na contorna do mercado de Teis uns 600-700 atletas de todas as idades.

Leer más:   O alcalde afirma que a praza de Vialia se converteu no novo centro de gravidade de Vigo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello segue a potenciar a práctica do atletismo coa instalación de novo material de adestramento nas pistas de Balaídos
Artículo siguienteDeportes Alcaldía O Concello segue a potenciar a práctica do atletismo coa instalación de novo material de adestramento nas pistas de Balaídos A partir de hoxe o Concello poñerá ao dispor dos deportistas que utilizan as pistas de atletismo de Balaídos o material necesario para facilitar a práctica de diferentes disciplinas. O Goberno municipal destina 80.000 euros para “promocionar e potenciar o deporte e o atletismo”, segundo recalcou este martes Abel Caballero durante o acto de entrega do equipamento.