Inicio Últimas Noticias O voluntariado inicia a súa formación en Bouzas

O voluntariado inicia a súa formación en Bouzas

Esta tarde comezan os cursos do voluntariado na Oficina de Distrito de Bouzas de 17 a 21 horas co obxectivo de mellorar a acción dos 805 voluntarios municipais. As persoas interesadas poden inscribirse no 010.

Os voluntarios e novos inscritos comezan este martes a formación para mellorar a súa actividade no voluntariado municipal. O alcalde deu conta do comezo dos cursos que se imparten na Oficina de Distrito de Bouzas de 17 a 21 horas.

O Concello organiza 7 cursos co obxectivo de formar aos voluntarios. Esta tarde comeza “A iniciación ao voluntariado”. Amais, haberá formación en atención a vítimas de violencia de xénero, risoterapia, intelixencia artificial como ferramenta para mellorar a acción do voluntariado, acompañamento a persoas con problemas de saúde mental, habilidades e coñecementos para o voluntariado con persoas en risco de exclusión social e soporte vital e primeiros auxilios.

Leer más:   O Ceip Canicouva achégase á historia da Reconquista

As prazas son limitadas polo que os interesados deben inscribirse no 010.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero reclama á Diputación que responda ao proxecto da Grada de Gol
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 13 de marzo de 2024