Inicio Últimas Noticias Dezaseis mulleres destacadas, protagonistas na rúa do Príncipe

Dezaseis mulleres destacadas, protagonistas na rúa do Príncipe

A tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira da área de Igualdade, Laura Iglesias, xunto a integrantes do Consello Municipal da Muller presentaron este mércores as placas identificativas instaladas nos bancos da rúa do Príncipe que homenaxean “ás mulleres que nos constrúen”.

A programación municipal do Día Internacional da Muller segue a desenvolverse na cidade cunha homenaxe a 16 mulleres destacadas das que se amosa a súa biografía en diferentes placas identificativas nos bancos da rúa do Príncipe.

Carmela Silva explicou na presentación que cómpre reivindicar o papel de mulleres como Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Sofía Novoa, Antía Cal, Mercedes Ruibal, Ernestina Otero, Carmen Segurana, Begoña Caamaño, Xela Arias, Berta Cáccamo, Susana Rodríguez Gacio, María Araujo, Xohana Torres, Dorotea Bárcena, María Xosé Queizán e María Antonina Sanjurjo Aranaz.

Leer más:   O Centro de Documentación e Recursos Feministas e a Casa das Mulleres acollen actividades culturais ata xuño

Para a tenente de alcalde, as mulleres homenaxeadas son “profesionais, artistas, investigadores de tódalas áreas da actividade humana e comprometidas con todas as mulleres, que forman a xenealoxía que precisamos as mulleres para construír o noso propio relato, o da metade do mundo. Son as mulleres que nos constrúen”.

Amais, cualificou esta homenaxe como unha das “accións máis fermosas” da Área de Igualdade e do Consello da Muller porque se trata de “poñer nomes a mulleres, situalas no espazo público, convertelas en protagonistas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Avanzamos en Samil para ter máis praia e máis paseo”
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 14 de marzo de 2024