Inicio Últimas Noticias O Concello convoca o II Concurso de micro curtametraxes “Historias da Reconquista...

O Concello convoca o II Concurso de micro curtametraxes “Historias da Reconquista en 90 segundos”

O alcalde presentou este xoves a nova edición do certame que organiza o Concello a través da Vigo Film Office. As persoas interesadas deben enviar as súas creacións, baseadas na Reconquista, cunha duración máxima de 90 segundos.

A II edición do Concurso de micro curtametraxes “Vigo en 90 segundos” bota a andar co propósito de “fomentar a creación audiovisual” entre a cidadanía de calquera idade, tal e como apuntou Amaia Mauleón, responsable da Vigo Film Office que acompañou ao rexedor na presentación da nova edición.

Este ano o tema do concurso é a festa da Reconquista, polo que baixo o lema: “Historias da Reconquista de Vigo en 90 segundos”, as persoas participantes poderán inspirarse nos feitos ocorridos en 1809, cando os vigueses expulsaron ao exército francés da cidade, para rodar as súas micro curtametraxes. Os dous únicos requisitos son respectar a temática histórica e que a duración máxima dos vídeos sexa de 90 segundos.

Leer más:   Urbanismo Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado O alcalde mantivo unha xuntanza co secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, na que propuxo ao Goberno de España colaborar na construción de vivenda de alugueiro taxado para a xuventude.

Tal e como explicou Abel Caballero, os vídeos poden ser rodados con calquera tipo de dispositivo, tamén co teléfono móbil, e optarán a 8 premios valorados nun total de 2.500 euros. O prazo de presentación dos vídeos é do 1 ao 30 de abril. Deben enviarse a través da web da Vigo Film Office.

O público poderá votar a través de Instagram os vídeos seleccionados do 1 ao 10 de maio e, co seu voto, elixirán o Premio do Público. Os gañadores do resto de categorías serán elixidos por un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e membros da Vigo Film Office e funcionarios do Concello. Os gañadores coñeceranse o 14 de maio.

Leer más:   O alcalde afirma que a praza de Vialia se converteu no novo centro de gravidade de Vigo

Ademais, haberá premios nas seguintes categorías: mellor micro curta dunha escola de audiovisuais, microcurta máis orixinal e mellor microcurta realizada por un menor.

Amaia Mauleón sinalou que a primeira edición do concurso, centrada no Nadal, tivo “moi boa aceptación” e animou á cidadanía a crear vídeos sobre esta festa tan importante.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo é a cidade española con maior número de sendeiros azuis coa incorporación da Senda pola Ribeira do Lagares
Artículo siguienteAlcaldía Medio Ambiente Vigo é a cidade española con maior número de sendeiros azuis coa incorporación da Senda pola Ribeira do Lagares Os 5 sendeiros azuis, recoñecidos cunha bandeira pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, destacan a Vigo como a cidade española que conta co maior número de distintivos. Así o destacou este xoves o alcalde ao remarcar o aumento do espazos naturais recuperados co recoñecemento obtido este ano pola Senda de Ribeira polo Río Lagares. “Son 41 quilómetros recuperados para gozar coas bandeiras azuis da natureza e coa bandeira do medioambiente pola recuperación ambiental”, destacou o rexedor.