Inicio Últimas Noticias Caballero coloca a primeira pedra do novo ascensor entre Hispanidade e Romil

Caballero coloca a primeira pedra do novo ascensor entre Hispanidade e Romil

Abel Caballero colocou este venres, cos concelleiros María José Caride e Javier Pardo, a primeira pedra das obras de construción do ascensor que conectará Romil e Hispanidade, e anunciou a urbanización do tramo entre as rúas Amor Ruibal e Feliciano Rolán. o proxecto ten un orzamento de 1.271.209 euros, un total de 945.528 proceden do Goberno de España a través de Fondos Next Generation UE polo proxecto de implantación de “Zonas de Baixas Emisións e Transformación Dixital e Sostible do Transporte Urbano”.

O alcalde explicou que as obras de construción do novo ascensor de conexión de Romil con Hispanidade se prolongarán durante oito meses, xa que o proxecto contempla derrubar a escaleira que comunica as dúas zonas para instalar un ascensor panorámico con capacidade para 13 persoas por viaxe e que a mellora inclúe humanizar un tramo de rúa de case 200 metros e unha escaleira tradicional que comunicará ás dúas rúas. “Seguiremos construíndo o Vigo Vertical”, sinalou Caballero.

Leer más:   Alerta sanitaria en Vigo por la venta de almendras cancerígenas de Estados Unidos

“Este é un ascensor dunha beleza que merece a pena velo. Todo Vigo vendrá a velo aínda que non o use porque é fermoso, é unha escultura”, afirmou o rexedor.

A instalación do novo equipamento é un paso máis no proceso dotar á cidadanía cun corredor vertical con desprazamento mecánico entre as zonas de Beiramar e de Hispanidade, segundo recalcou o rexedor ao lembrar que nestes momentos falta a conexión entre Camelias e Romil, “que se comezará a facer moi pronto”, avanzou. Recordou que o corredor conta xa con ascensores entre Marqués de Valterra e Pi e Margall; Pi e Margall e Camelias; Camelias e Romil, así como un ascensor entre Torrecedeira e Pi e Margall.

Caballero indicou que o proxecto contempla a humanización de 170 metros, onde se instalarán novos pavimentos e beirarrúas e procederase a renovar as redes de saneamento, abastecemento e pluviais. Tamén se colocarán canalizacións para soterrar a iluminación pública e os semáforos e instalaranse novas redes de rega. O tramo contará con novo mobiliario urbano, luminaria, decoración e xardinería.
 

Leer más:   A Academia proclama a Vigo como "a cidade do cinema"


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLuxor, Hegra y Agros entre las joyas turísticas más antiguas del mundo para visitar esta Semana Santa
Artículo siguienteA cidade sumará unha nova praza pública de case 2.000 m2 na peonil do Calvario