Inicio Últimas Noticias O Concello lanza o campamento de Semana Santa no Vigo Nature

O Concello lanza o campamento de Semana Santa no Vigo Nature

O alcalde tamén anunciou esta mañá a posta en marcha “do circuito multiaventura de Vigo Nature”, que contará con “tirolina e rocodromo” entre outros.

Abel Caballero informou do próximo campamento temático dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos de idade, que terá lugar en Semana Santa.

Para a conciliación da vida familiar e laboral das familias viguesas, o campamento realizaráse os días 25, 26, 27 de marzo el 1 de abril, baixo a liña temática do Cambio Climático. Contará con un importante número de actividades temáticas, xogos e dinámicas educativas e lúdicas que realizarán dende as 9:30 ata as 14:00 horas. O rexedor indicou que “queremos promover a concienciación ambiental e o coñecemento da biodiversidade”.

Leer más:   Vigo acada os 300.997 habitantes empadronados

Parque multiaventura de Vigo Nature

Coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, o sábado 23 de marzo, “poñeremos en marcha o circuíto multiaventura, que conta con tirolina e rocódromo” de Vigo Nature.

Caballero sinalou que “será unha actividade gratuíta incluída coa entrada a Vigo Nature”, cunha inscrición igual que para o resto de actividades, pola semana vía telefónica e as fins de semana e festivos de maneira presencial.

O horario será todos os festivos e fins de semana de 16 a 20 horas (de marzo a outubro), incluíndo os meses de verán (xuño, xullo e agosto) os venres no mesmo horario. Contarán con 3 quendas diarias de 60 minutos de duración para 10 nenos cada quenda.

Leer más:   O Centro de Documentación e Recursos Feministas e a Casa das Mulleres acollen actividades culturais ata xuño

Campamentos de verán

Na Xunta de Goberno Local de hoxe aprobouse a prórroga do contrato dos servizos para a xestión e realización do programa “Verán Xove” de campamentos de verán. Serán case 4.000 prazas en diferentes espazos da cidade. O importe prórroga é de 486.751 euros.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local concede 23.228 axudas á familias para os libros de texto por valor de 5 millóns de euros
Artículo siguienteAlcaldía Vigo Vertical Caballero coloca a primeira pedra do novo ascensor entre Hispanidade e Romil Abel Caballero colocou este venres, cos concelleiros María José Caride e Javier Pardo, a primeira pedra das obras de construción do ascensor que conectará Romil e Hispanidade, e anunciou a urbanización do tramo entre as rúas Amor Ruibal e Feliciano Rolán. o proxecto ten un orzamento de 1.271.209 euros, un total de 945.528 proceden do Goberno de España a través de Fondos Next Generation UE polo proxecto de implantación de “Zonas de Baixas Emisións e Transformación Dixital e Sostible do Transporte Urbano”.