Inicio Últimas Noticias O goberno de Vigo concedeu case 90 axudas de emerxencia por máis...

O goberno de Vigo concedeu case 90 axudas de emerxencia por máis de 26.000 euros

Abel Caballero deu conta das axudas de emerxencia concedidas a familias a semana pasada, compatibles coa RISGA e o Ingreso Mínimo Vital.

O Concello concedeu case 90 axudas de emerxencia por máis de 26.000 euros. O alcalde deu conta do detalle, asignando 37 para alimentación, 26 para o pago de alugueiros e 23 para subministros e gastos de farmacia. “Pagar 26 alugueiros significaron evitar 26 desafiuzamentos de 26 familias”, expresou o rexedor.

Caballero apuntou “que o goberno local segue a atender ás persoas vulnerables coas axudas de emerxencia, compatibles coa RISGA e o Ingreso Mínimo Vital”.

Leer más:   Os alumnos do CEIP Santa Mariña de Cabral avanzan na actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Vigo estrea o primeiro furgón lavapapeleiras de Galicia”
Artículo siguienteVías e Obras Abel Caballero: “Vigo estrea o primeiro furgón lavapapeleiras de Galicia” O alcalde destacou que “coa incorporación deste novo vehículo permitirá limpar unhas 1.500 papeleiras ao mes, aforrando un 20% de auga”.