Inicio Últimas Noticias "A Reconquistiña" contará con 1.400 escolares de 34 colexios de Vigo

"A Reconquistiña" contará con 1.400 escolares de 34 colexios de Vigo

Os preparativos da Reconquistiña acaparan xa as actividades dos 1.400 alumnos dos 34 colexios de Vigo que o mércores 3 de abril protagonizarán o desfile que encherá a Praza de Compostela e o Casco Vello. Así o anunciou este martes Abel Caballero tras poñer en valor ensaios como os iniciados hoxe nos colexios Atlántida e Canicouva.

A aprendizaxe dos sons cos que os escolares de colexios públicos, privados e concertados poboarán o Casco Vello e a Praza de Compostela o próximo 3 de abril para converterse en protagonistas dun dos fitos históricos de Vigo, coa súa particular “Reconquistiña”, acapara a axenda lúdica dos 34 centros que participarán na edición de 2024: 6 máis que o ano pasado. Un total de 1.400 escolares revivirán cos seus instrumentos tradicionais os sons da Reconquista nun acto que precede á fin de semana da histórica celebración.

Leer más:   O Concello amplía as prestacións do servizo de teleasistencia, gratuíto para os usuarios

Concerto público

O alcalde explicou que entre os actos organizados na Reconquista atópase o concerto que o día 23 de marzo protagonizará na Concatedral a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv 2211, que pechará o programa con interpretacións co coro de pais, amigos e familiares. “É unha forma de entender a música na Reconquista, con obras tradicionais de Pierce , Sibeluis , Schubert e Handel”, detallou o rexedor.

Caballero destacou que o concerto está organizado polo Concello “porque queremos que a música acompañe á Reconquista”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Policía Nacional e Povisa recollerán o día 26 as Medallas de Ouro de Vigo 2024
Artículo siguienteVías e Obras Alcaldía Muller Máis de 160.000 persoas pasaron polo HALO no seu primeiro mes de historia Caballero deu conta dos datos do uso do ascensor e as pasarelas do HALO no seu primeiro mes en funcionamento, cunha media de 5.517 persoas ao día. Así, 160.000 persoas achegáronse á obra que abriu ao público o pasado 16 de febreiro, una estrutura que alberga un ascensor e sirve para unir a zona do Areal con Vialia e Vía Norte. Amais, o alcalde destacou que tamén durante o primeiro mes se puxo en marcha o xogo de luces da estrutura “para pregoar efemérides como o Día Internacional da Muller”, cando o HALO se tinguiu de color lila.