Inicio Últimas Noticias Abel Caballero recibiu á presidenta de Redeia, Beatriz Corredor

Abel Caballero recibiu á presidenta de Redeia, Beatriz Corredor

O rexedor vigués mantivo esta mañá un encontro con Beatriz Corredor, ex ministra de Vivenda e actualmente presidenta de Redeia. Nesta reunión trataron temas de relevancia para a cidade como a implantación da Moi Alta Tensión, sobre a que o alcalde indicou que “vai sobre o previsto e planificado”, engadindo que “nestes intres atópase na fase de tramitación”.

No encontro que tivo lugar nas dependencias municipais tamén estivo presente Elena Espinosa, terceira tenente de alcalde da cidade e exministra do Medio Ambiente.

O rexedor explicou que aproveitaron para tratar temas de actualidade para Vigo, como a instalación da Moi Alta Tensión, sobre a que Caballero afirmou que “non hai ningunha sombra de dúbida sobre a súa chegada”, explicando que “a vicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribera, o confirmou” e todo “vai sobre o previsto e planificado”, atopándose nestes intres “na fase de tramitación”.  Ademáis, o alcalde destacou que ” a Moi Alta Tensión de Vigo xa conta con recursos para un proxecto que elevará o seu investimento a preto dos 72 millóns de euros”, co cal “en tres ou catro anos estará vixente e operativa”.

Leer más:   Educación Alcaldía O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de comedor, libros e material escolar para o curso 2024-2025. As axudas ascenden a 1.427.700 euros, segundo explicou este venres o alcalde ao lembrar que a esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que recibe Foanpas.

Na súa estancia en Vigo, Beatriz Corredor participou esta tarde como poñente das xornadas formativas municipais, baixo o lema: “As políticas públicas de Igualdade”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSemana Santa: ¿Cobraré mi pensión en Vigo? Consulta nuestro calendario para descubrirlo
Artículo siguienteAs corais de Valadares e Matamá e Emilio Sotelino in memorian, Vigueses Distinguidos 2024