Inicio Últimas Noticias O Concello inviste 825.000 euros no Vigo Emprega para a contratación de...

O Concello inviste 825.000 euros no Vigo Emprega para a contratación de 75 persoas

O alcalde saudou aos participantes do programa Vigo Emprega que se está a desenvolver no Parque Central de Servizos en Lavadores. Estas persoas combinan a formación coa execución de obras de interese municipal.

Abel Caballero achegouse ao Parque Central de Servizos de Lavadores, onde o Concello está a desenvolver o programa Vigo Emprega, no que inviste 825.000 euros para a contratación de 75 persoas.

O alcalde desexoulles a mellor das sortes no seu futuro. Os participantes combinan a formación coa execución de obras de interese municipal, creando novas oportunidades de traballo e mellorando o entorno urbano. Traballarán durante 6 meses a xornada completa levando adiante distintas tarefas, centradas sobre todo na albanelería, pintura, electricidade e xardinería.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

O obxectivo é fomentar a inserción laboral ao mesmo tempo que as persoas participantes melloran sus habilidades profesionais e a súa capacitación e competencia profesional.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero recibiu á presidenta de Redeia, Beatriz Corredor
Artículo siguienteInauguradas as xornadas formativas “As políticas públicas de Igualdade” organizadas polo Concello