Inicio Últimas Noticias “Vigo rúa máxica” e “Vigo mundo xogo”, propostas infantís municipais para Semana...

“Vigo rúa máxica” e “Vigo mundo xogo”, propostas infantís municipais para Semana Santa

O alcalde avanzou este xoves algunhas das actividades infantís organizadas polo Concello para a Semana Santa. A Porta do Sol acollerá o II Festival de Maxia de rúa e a Praza do Rei un espazo de xogo infantil con Superthings, Playmobil e Piratix.

“Vigo rúa máxica”, o II Festival de maxia na rúa da cidade desenvolverase entre o 25 e o 31 de marzo na Porta do Sol. Serán 7 xornadas de ilusionismo protagonizadas por 9 magos de Galicia, Barcelona, Asturias, Madrid e Arxentina que en palabras de Caballero ofrecerán “unha gran exhibición de maxia” para toda a cidade. O Concello dedica 18.000 euros ao programa cuxas actuacións serán totalmente gratuítas

Participarán os magos David Mestre, Kayto, Dani García, Carlos Adriano, David Navares, Kenneth, Adrián Conde, Brando e Silvana e Pedro Volta. Este ano a novidade é a apertura durante 4 días da “Habitación de Ames”, unha caixa que xera ilusións ópticas.

Leer más:   Alumnado do Colexio Monterrey percorren os escenarios da Reconquista do programa municipal "A Máquina do Tempo"

O calendario de actuacións é o que segue:

– Luns 25 de marzo:

“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30 horas

“Maxia sobre rodas” e “Son Maxia”, con David Mestre, de 18.00 a 19.30h

– Martes 26 de marzo:

“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30h

“Maxia sobre rodas” e “A maxia de Kenneth”, de Joshua Kennet, de 18.00 a 19.30h

– Mércores 27 de marzo:

“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30h

“Vibranium”, de Pedro Volta, de 18.00 a 19.30h

– Xoves 28 de marzo

“Habitación de Ames”, de 17.00 a 20.30

“Pasen e vexan”, de Carlos Adriano, ás 12.00 do mediodía

“Alokayto”, do Mago Kayto, ás 12.30

“Circus”, de Brando e Silvana, ás 13.00

Leer más:   O goberno local abre a convocatoria para proxectos artísticos expositivos nos museos de Vigo

“A Maxia dun trotamundos”, de David Navares, de 17.30 a 18.30

– Venres 29 de marzo

“A maxia dun trotamundos”, de Navid Navares, ás 11.30h

“Alokayto”, do mago Kayto, ás 12.30h

“Maxia Variette”, de Brando e Silvana, ás 13.00 h

“Pasen e Vexan”, de Carlos Adriano, ao 13.30

“Don Gelati”, de Dani García, de 17.30 a 18.30

– Sábado 30 de marzo:

“Autobús Máxico 1953”, Brando e Silvana e Carlos Adriano, ás 12.30

“Autobús Máxico”, Kayto, Carlos Adirano e Brando e Silvana, de 17.30 a 20.30

– Domingo 31 de marzo:

“Check out”, de Adrián Conde, ás 12.30

Vigo mundo xogo

O rexedor explicou tamén que a Praza do Rei acollerá en Semana Santa un gran espazo de xogo para as nenas e nenos, que permanecerá aberto desde o xoves 28 ao domingo 31 de marzo, en horario de 11 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas, cun orzamento municipal de case 17.000 euros. Son 200 metros cadrados con tres propostas: Superthings, Piratix e Playmobil. A rapazada poderá acceder á zona de xogo onde haberá mesas temáticas e contedores de materiais dos tres xogos: as últimas coleccións de Superthings, a nova colección de Piratix e xoguetes de diferentes temáticas de Playmobil: City, Dino Rise, Regreso ao Futuro, Novelmore, Ayuma…

Leer más:   Urbanismo O goberno local adxudica o plan para protexer máis de 900 edificios do Ensanche O Plan Especial de Protección do Ensanche para protexer o patrimonio arquitectónico e histórico da cidade velará pola rehabilitación de case 900 edificios do centro da cidade. O goberno local vén de adxudicar a redacción do proxecto por un orzamento de case 400.000 euros.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal volve apoiar todas as celebracións da Semana Santa de Vigo
Artículo siguienteInfraestructuras Vías e Obras Vigo é o Concello de Galicia co maior importe de adxudicación de obra pública en 2023 Os datos recollidos polo último “Estudio de adxudicacións de obras en Galicia”, elaborado pola Federación Galega da Construcción, sitúa a cidade a cabeza do ránking con 183 obras por valor de 33,3 millóns de euros. Abel Caballero destacou que “só Vigo, adxudicou máis obra pública que A Coruña, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense xuntas”.