Inicio Últimas Noticias O Concello entrega as Medallas de Ouro da Cidade e as Viguesas...

O Concello entrega as Medallas de Ouro da Cidade e as Viguesas e Vigueses Distinguidos

O Teatro Afundación acolle este martes a entrega das distincións da cidade deste ano 2024. O alcalde avanzou o aprazamento da tradicional ofrenda floral no Monumento aos Heroes da Reconquista pola climatoloxía adversa.

A gala de entrega das Medallas de Ouro da Cidade e os premios de Viguesas e Vigueses Distinguidos 2024 celébrase no Teatro Afundación ás 20 horas e poderá seguirse a través da canle de Youtube do Concello de Vigo e en Televigo.

O alcalde expuxo o listado de premiados nesta edición: as Medallas de Ouro da Cidade son para o Corpo Nacional de Policía de Vigo e para o Hospital Ribeira Povisa; os galardóns de Vigueses e Viguesas Distinguidos son para o IES A Guía, o CEIP Lope de Vega, o Colexio Quiñones de León e o proxecto musical Son das Flores do CEIP Vicente Risco no ámbito educativo; no ámbito deportivo recibirán a distinción o Club de Baloncesto Seis do Nadal-Coia, singularizado na súa presidenta, Iria Otero, na dirección deportiva, Sergio González e no seu fundador, Aalí Mohamed; para o Celta Feminino de Atletismo – Real Club Celta de Atletismo e para o Club Deportivo Coia; Emilio Sotelino (in memoriam), a Coral Polifónica do Centro Cultural de Valadares, a Coral Polifónica da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá e María Reimóndez serán recoñecidos no ámbito cultural e no asociativo, a Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

Abel Caballero informou este martes do adiamento, con data por concretar, da ofrenda floral no Monumento aos Heroes da Reconquista que cada ano se realiza na Praza da Independencia, dadas as previsións climatolóxicas adversas para o vindeiro xoves, 28 de marzo, a data de conmemoración da Reconquista de Vigo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEuropastry refuerza su liderazgo tras integrar a Dawn Foods
Artículo siguienteAlcaldía O Concello entrega as Medallas de Ouro da Cidade e as Viguesas e Vigueses Distinguidos O Teatro Afundación acolle este martes a entrega das distincións da cidade deste ano 2024. O alcalde avanzou o aprazamento da tradicional ofrenda floral no Monumento aos Heroes da Reconquista pola climatoloxía adversa.