Inicio Últimas Noticias O Concello pagará a próxima semana outras 11.617 becas de libros de...

O Concello pagará a próxima semana outras 11.617 becas de libros de texto

Abel Caballero adiantou hoxe que do 1 ao 3 de abril as familias solicitantes de bolsas de libros recibirán o abono de 205 euros por neno. Un total de 23.228 estudantes contan este ano coa axuda do Concello de Vigo para os libros de texto escolares.

O alcalde explicou que a próxima semana un total de 11.617 estudantes de Vigo recibirán os 205 euros do importe da bolsa de libros, e que a este número de beneficiarios súmanse os 11.611 que as percibiron ao comenzo de ano. “Pagamos todas as bolsas de libros, 23.228 axudas a nenos e nenas de educación primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional básica e de educación especial”, recalcou.

Leer más:   Caballero e o cónsul de Venezuela poñen en común cuestións de actualidade

Caballero incidiu en que o Concello dedica 5 millóns de euros para “pagar as axudas por libros, que veñen tan ben ás familias”, e que Vigo mantense como o único Concello de España que presta este soporte á súa cidadanía. “Dos 8.131 concellos e só Vigo paga axudas polos libros de texto e gustaríame que a oposición o dixese, que dixese que só nós pagámolos e que o facemos moi ben porque pagamos 5 millóns o ano pasado e 5 millóns este ano”, afirmou. Acto seguido sinalou que “Galicia cero, resto de comunidades cero, resto de ayuntamientos cero, e Vigo 23.218 bolsas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPolicía arrestado en Vigo (Pontevedra) por su vinculación con red de narcotráfico en Murcia
Artículo siguienteAlcaldía Tráfico e transporte Abel Caballero: “Vigo inicia un tempo novo coa posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas” O alcalde asistiu este mediodía a posta en marcha do novo servizo de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas, no aparcamento subterráneo de Policarpo Sanz.