Inicio Últimas Noticias Caballero amosa o desenvolvemento do Vigo Vertical ao alcalde de Lleida

Caballero amosa o desenvolvemento do Vigo Vertical ao alcalde de Lleida

Félix Larrosa visita este xoves a cidade para coñecer de primeira man a transformación que experimentou a cidade para situarse, na súa opinión, como un “referente”.

O alcalde de Vigo recibiu este xoves ao seu homólogo de Lleida, Félix Larrosa, de visita na cidade para coñecer o desenvolvemento do programa Vigo Vertical e a configuración da estación de tren de Vialia dado que queren implantar unha fórmula similar na cidade catalá.

Caballero declarou a súa satisfacción por recibir a Félix Larrosa “un alcalde de longa traxectoria” e explicou que lle amosou o ascensor Halo e a forma na que salva a autoestrada, o Halo, as ramplas Gran Vía, a rampla e escaleiras da contorna da Porta do Sol, como proxectos do programa Vigo Vertical, e ademais trasladoulle como o tren entra en túnel na cidade. Para o rexedor, esta e outras visitas mostran que “Vigo é un modelo, unha referencia como cidade”.

Leer más:   Abel Caballero achégase ao traballo da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares

E nese sentido expresouse Félix Larrosa ao sinalar que a visita á cidade ten como obxectivo “vir a ver ao mestre dos alcaldes e alcaldesas” para que nos explique “como transformou a cidade que é un referente, especialmente na transformación humana, na configuración dunha cidade amable e pensada para o século XXI”. Engadiu que lle interesa de Vigo a “nova mobilidade que está impulsando e ver de que forma unha estación, que é un espazo de servidume se converte no centro da cidade”, dado que en Lleida teñen que acometer un traballo similar


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Cámara de Madrid y la Fundación Universidad-Empresa reúnen a jóvenes para reflexionar sobre el futuro de la educación
Artículo siguienteO aeroporto de Vigo alcanza en marzo unha ocupación do 74,32%