Inicio Últimas Noticias Case 1.000 estudantes reciben o seu diploma polo "Vigo en Inglés"

Case 1.000 estudantes reciben o seu diploma polo "Vigo en Inglés"

Abel Caballero entregou os diplomas do programa municipal Vigo en Inglés ao alumnado becado este ano polo Concello e que realizaron a súa estancia en Reino Unido e Irlanda. Os programas educativos de inmersión lingüística do Concello de Vigo posibilitaron a participación de preto de 10.000 alumnos/as da nosa cidade nos últimos dezaseis anos. Os 925 rapaces e rapazas, que súmanse aos seus predecesores nesta viaxe de estudos, recibiron acompañados das súas familias e amigos o seu diploma nun acto no Auditorio Mar de Vigo. As prazas do programa municipal “Vigo en Inglés” inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, monitores/as con acreditada competencia lingüística en inglés, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (desenvolvidas en inglés e guiadas por monitores bilingüe), curso intensivo de lingua inglesa, importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade civil.

Leer más:   Cultura O goberno local abre a convocatoria para proxectos artísticos expositivos nos museos de Vigo Ata o 9 de xuño artistas emerxentes e xestores culturais consolidados poderán presentar os seus proxectos artísticos no rexistro do Concello de xeito online. Os seleccionados verán a súa obra exposta en Casa das Artes e Casa Galega da Cultura.

martes, 9 abr 2024


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO servizo de teleasistencia do Concello realizou 6.128 chamadas no mes de marzo
Artículo siguienteUrbanismo O goberno local promove a construción de 27 vivendas de alugueiro social en Esturáns Vigo contará en Esturáns cun edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro. O Concello sacará a concurso a construción de dereito de superficie sobre unha parcela municipal co obxectivo de que xestione esta iniciativa durante 50 anos.