Categorías: Últimas Noticias

O goberno municipal adxudica a remodelación do Parque Camilo José Cela

A Xunta de Goberno Local dará o visto bo na sesión deste venres á adxudicación do proxecto de renovación do recinto que ten un importe de licitación de case 350.000 euros.

O alcalde sinalou que se trata dun parque “moi necesario” na zona de Torrecedeira para atender a demanda das familias desa zona, polo que “queremos que teñan un espazo en condicións. Queremos que teña os xogos dos grandes macroparques da cidade”.

O goberno municipal aprobará este venres a adxudicación do proxecto de renovación do parque Camilo José Cela, que ten un importe de licitación de 350.000 euros, contando co financiamento do Goberno de España a través dos fondos europeos Next Generation EU co que se aboará case a metade do custo da obra.

Caballero agradeceu a colaboración do goberno estatal e detallou as actuacións que se acometerán no parque: instalación dun pavimento de caucho anti-impactos, instalación de xogos de temática literaria, unha cama elástica, un balancín, unha randeeira con hamacas e un conxunto de escalada. Amais contémplase a reparación da pista deportiva con novas porterías e bancos e a renovación, na zona bio-saudable, do pavimento que se dotará dunha roda de estiramento e torsión, unha bicicleta elíptica, un air runner e barras paralelas. Ademais renovarase a iluminación e colocaranse papeleiras, bancos, unha fonte e carteis informativos.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 16 de mayo de 2024

En la mañana de hoy en Vigo el cielo estará cubierto con lluvia. Según pasen…

4 horas hace

Málaga acoge obras maestras de la Colección Abelló

Fundación Unicaja ha presentado en su centro cultural de Málaga la exposición ‘De Rafael a…

11 horas hace

Calladita, la película financiada con NFTs de Miguel Faus

‘Calladita’, el primer largometraje dirigido por Miguel Faus, se estrena este viernes en los cines…

11 horas hace

Innovación agraria en la feria del campo 4.0 en Málaga

La Feria del Campo 4.0, el nuevo salón dedicado a impulsar la innovación del sector…

12 horas hace

Chocomel apoya a los Bancos de Alimentos de Canarias con 38.537 litros de producto

Chocomel, la marca de batido de chocolate de FrieslandCampina, ha realizado una donación de 38.537…

12 horas hace

Thyssen-Bornemisza y Quirónsalud con la Universidad Rey Juan Carlos descubren beneficios artísticos para la salud

Quirónsalud, la Universidad Rey Juan Carlos y el Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, han puesto en marcha…

13 horas hace

Esta web usa cookies.