Inicio Últimas Noticias O alcalde celebra a aprobación da rede de moi alta tensión eléctrica...

O alcalde celebra a aprobación da rede de moi alta tensión eléctrica para Vigo

O Goberno vén de aprobar a modificación puntual do Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica no horizonte 2026 que permitirá que Stellantis e a industria da cidade conten coa moi alta tensión eléctrica.

Abel Caballero valorou que se trata “dun apoio importantísimo e vital para que Stellantis continúe fabricando os seus automóbiles en Vigo” e informou do envío dunha carta á vicepresidenta do Goberno de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, na que lle traslada “o recoñecemento” por esa decisión que acaba de aprobar o Consello de Ministros.

A modificación puntual do Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica dotará á cidade da moi alta tensión eléctrica de 220KV que, en palabras do alcalde, era “o que Stellantis e a industria e Vigo reclamaban e o que a cidade quería”.

Leer más:   Aberto o prazo ata o 10 de maio para participar na “IX Andaina polos montes de Vigo”

O plan do Goberno para Vigo conta cun orzamento de 72 millóns de euros e inclúe 73 actuacións en toda España cun investimento de 489 millóns de euros.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo acada os 300.997 habitantes empadronados
Artículo siguienteAlcaldía Vigo acada os 300.997 habitantes empadronados O Concello trasladou ao Instituto Nacional de Estatística a cifra de habitantes que figuran no padrón municipal con data 1 de xaneiro de 2024. Para Abel Caballero esta cifra “amosa o que significa Vigo, de largo a maior cidade de Galicia e unha das grandes de España con máis de 300.000 habitantes”.