Categorías: Últimas Noticias

O Concello entrega gratis 1.000 compostadores para o tratamento domiciliario dos biorresiduos

Abel Caballero explicou hoxe que o Concello entregou a 1.000 familias viguesas, de forma gratuíta, outros tantos compostadores de residuos para seren utilizados nas súas vivendas unifamiliares ou tradicionais. “Vigo segue liderando as listaxes das cidades máis limpas de España, con 8 escobas de platino”, remarcou o rexedor.

O Concello de Vigo entregou a maior parte dos compostadores demandados polos propietarios de vivendas unifamiliares, xa que nestes momentos os técnicos de limpeza instalaron un total de 1.000 equipos coas súas correspondentes instrucións e asesoría. Así o comunicou este mércores o alcalde.

O rexedor destacou que o Concello, ademais de proporcionar, sen custo, os equipos para elaborar compost coa materia orgánica tamén colabora co traballo de formación no uso dos compostadores que presta persoal especializado.

A cidade conta neste momento cun servizo de limpeza integrado por un persoal de 637 operarios, así como cunha frota de 159 vehículos, que manteñen a Vigo entre as urbes máis limpas.

Redacción

Entradas recientes

O alcalde convida á cidadanía a gozar o domingo en Castrelos dos actos do Bicentenario da Policía Nacional

O auditorio de Castrelos acollerá, a partir das 11 da mañá do vindeiro domingo 26…

3 horas hace

O Correlingua 2024 chegará a Vigo o 23 de maio

A concelleira de Educación, Olga Alonso, presentou a nova edición acompañada de Anxo Terán, presidente…

3 horas hace

Caballero compromete o seu apoio ao PERTE do Naval na inauguración de Navalia

Escoitar O alcalde acudiu á inauguración da Feira Internacional Navalia que converte á cidade de…

3 horas hace

O Concello concede as últimas becas de libros e alcanza as 23.771 axudas por preto de 5 millóns de euros

O goberno municipal de Vigo aprobou na Xunta de Goberno do luns a concesión das…

3 horas hace

Facturación de AstraZeneca se duplicará a 73.729 millones de euros para 2030

El laboratorio británico AstraZeneca se ha fijado como objetivo alcanzar unas ventas de 80.000 millones…

6 horas hace

Esta web usa cookies.