Inicio Últimas Noticias O Concello oferta case 4.000 prazas nos campamentos infantís deste verán

O Concello oferta case 4.000 prazas nos campamentos infantís deste verán

O prazo de inscrición na web https://campamentos.xuventudevigo.org/ abre este xoves, 25 de abril, e remata o domingo 12 de maio. As nenas e nenos vigueses de entre 4 e 17 anos poderán participar en 15 campamentos en diferentes espazos da cidade con aula matinal e servizo de friameira.

O alcalde deu conta este luns da apertura do prazo para a inscrición nos campamentos municipais “Verán Xove 2024” que ofertan case 4.000 prazas cun investimento de 541.000 euros. As familias interesadas deben inscribirse na web https://campamentos.xuventudevigo.org/ desde este xoves, 25 de abril, ás 10 da mañá, e ata o domingo 12 de maio. O sistema de adxudicación das prazas será por sorteo entre tódalas familias solicitantes. A información completa está na citada web.

Leer más:   O TSXG confirma que O Porriño debe pagar 5,6 millóns pola auga que recibe de Vigo

Abel Caballero explicou que o goberno municipal ofrecerá nos quince campamentos deste verán “actividades de lecer, deporte, natureza, animación e xogo para nenas e nenos de entre 4 e 17 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral”.

As actividades comezarán ao remate do curso escolar, o luns 24 de xuño, e desenvolveranse ata o 30 de agosto, en 5 quendas de 2 semanas cada unha, nas que haberá aula matinal entre as 8 e as 9 horas da mañá e servizo de friameira de 14 a 15 horas.

A relación dos campamentos municipais deste ano é a que segue: Alcabre – Asociación veciños, Berbés – Ceip Marqués de Valterra, Bouzas – pavillón e praia, Candeán – Ceip Igrexa, Coia – Ceip Celso Emilio Ferreiro, CEIP DR Fleming, ETEA, Ludo Casco Vello – Casa Reitoral rúa Méndez Núñez, Ludo Miñoca – Centro municipal de distrito, Navia – Pavillón, Samil – complexo deportivo, Travesas – Pavillón, Vigosónico, Vigonature e VigoNature albergue con pernocta.

Leer más:   Caballero incide ante o alumnado de Calasancias na transcendencia do Concello na calidade de vida cidadá


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Paseo do Lagares avanza coa instalación de dúas pontes na zona de Lavadores
Artículo siguienteMedio Ambiente O Paseo do Lagares avanza coa instalación de dúas pontes na zona de Lavadores A obra dá continuidade á senda do Lagares con dúas pasarelas, unha na rúa Naia e outra nas proximidades á cascada de Cova da Serpe.