Inicio Últimas Noticias O TerraCeo pecha cartel con Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón

O TerraCeo pecha cartel con Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón

O australiano Ziggy Alberts e uns vellos coñecidos, Luis Zahera e Oswaldo Digón, son as últimas incorporacións ao cartel da quinta edición do Festival TerraCeo. Estas novas actuacións súmanse ao primeiro avance dun cartel estelar con concertos que irán desde o mes de maio ata o mes setembro. Actuarán o 27 de xullo e 19 de xullo, respectivamente.

O australiano Ziggy Alberts e uns vellos coñecidos, Luis Zahera e Oswaldo Digón, son as últimas incorporacións ao cartel da quinta edición do Festival TerraCeo. Actuarán o 27 de xullo e 19 de xullo, respectivamente, na terraza do Auditorio Mar de Vigo, onde xunto coa música e os monólogos, se pode disfrutar do solpor sobre a ría de Vigo co telón de fondo das Illas Cíes.

Leer más:   Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia

Estas novas actuacións súmanse ao primeiro avance dun cartel estelar con concertos que irán desde o mes de maio ata o mes setembro: aos que se unen Ziggy Alberts, un dos principais artistas independentes de Australia nos últimos anos. A súa xenuína historia de base cativou a audiencias de todo o mundo, acumulando máis de 1,6 millóns de oíntes mensuais só en Spotify e sendo recoñecido por medios como Billboard Magazine e Clash. Coa súa música folk ha alcanzado seis singles de ouro, un álbum de ouro, sete singles platino, un dobre single platino e un EP platino. Chega ao festival TerraCeo coa súa xira mundial “New Love”.

Leer más:   Alumnado do colexio Alborada percorre o Vigo da Reconquista co programa didáctico "A Máquina do Tempo"

Este ano, TerraCeo recupera o humor e os monólogos na terraza, coa participación duns vellos coñecidos. Luis Zahera e Oswaldo Digón chegan este verán ao festival por excelencia da cidade de Vigo, ofrecendo unha ocasión única de gozar de dous monstros do humor xuntos nun dos mellores escenarios naturais. Risas aseguradas no marco incomparable do Festival TerraCeo. Zahera, co seu inconfundible estilo, conquistou tanto a gran pantalla como a pequena coa súa versatilidade e carisma, mentres que Digón, recoñecido polo seu humor absurdo e a súa habilidade para arrincar gargalladas, é unha presenza imprescindible no panorama cómico nacional. A combinación destes dous grandes artistas no escenario de TerraCeo asegura unha velada inesquecible, onde o público tamén gozará do mellor do humor español nunha contorna única.

Leer más:   A cidade xa dispón dun segundo punto limpo de proximidade

Todos os detalles sobre a quinta edición de TerraCeo e a venda de entradas pode atoparse na web do Auditorio Mar de Vigo www.auditoriomardevigo.com


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero e o cónsul de Venezuela poñen en común cuestións de actualidade
Artículo siguienteAlcaldía O alcalde afirma que a praza de Vialia se converteu no novo centro de gravidade de Vigo Abel Caballero asegurou este martes que o espazo configurouse como novo “centro de gravidade” cambiando “o concepto de Vigo e a forma de entender a cidade”. Así o afirmou tras asinar, coa directora xeral de Nhood España, Teresa Verdugo, o convenio con Ceetrus Urban Player Spain que converte ao Concello en titular dos 21.904 metros da praza durante 50 anos, e fixa a repartición dos custos do mantemento conxunto entre a administración municipal e a empresa privada. “Isto é moi conveniente para o Concello e aseguramos que estea en perfecto estado”, indicou.