Inicio Últimas Noticias O Concello oferta 450 novas prazas de campamentos deportivos para nenos e...

O Concello oferta 450 novas prazas de campamentos deportivos para nenos e nenas de 6 a 14 anos

O Concello convoca 450 novas prazas de campamentos o que eleva o total de vacantes a case 4.500 para este verán. Estas campus deportivos desenvolveranse nos complexos deportivos de As Travesas e Samil.

Tal e como anunciou o alcalde, hoxe comeza o prazo para inscribirse nos Campus Polideportivos 2024. Son 450 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que se dividen en tres quendas, das que as dúas primeiras -entre o 24 e o 28 de xuño e entre o 1 e o 5 de xullo – serán no complexo deportivo de As Travesas. A última, comprendida entre o 8 e o 12 de xullo será en Samil.

Estas 450 prazas súmanse ás 3.975 anunciadas dentro do programa municipal “Verán Xove 2024” o que eleva o total de vacantes para este verán a case 4.500.

Leer más:   Educación Alcaldía O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases e a convocatoria das bolsas de comedor, libros e material escolar para o curso 2024-2025. As axudas ascenden a 1.427.700 euros, segundo explicou este venres o alcalde ao lembrar que a esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que recibe Foanpas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEn Madrid, el asfalto de este año llevará aroma de mango
Artículo siguienteO Auditorio Municipal será o escenario de “Síbaris”, a obra teatral de Domingo Villar