Inicio Últimas Noticias Samil acolle o 16 de xuño o Holi Life Remenber con mais...

Samil acolle o 16 de xuño o Holi Life Remenber con mais cor e mais festa

Samil volverá tinguirse de infinidade de cores o vindeiro domingo 16 de xuño coa convocatoria da carreira Holi Life Remember Edition, á que Abel Caballero anima a participar a toda a cidadanía de Vigo lucindo as vestimentas brancas que se transformarán en roupa multicolor tras 5 quilómetros de percorrido e moita festa.

O alcalde congratulouse este mércores, ante Noemí Latorre, directora da Holi Life, de que se retome en Vigo unha carreira “excepcional” pola diversión que proporciona aos participantes.

Caballero lembrou que todas as convocatorias da carreira en Vigo conseguiron un éxito de participación, “aquilo sempre estivo completamente cheo e era o entusiamo máis absoluto”.

O rexedor incidiu na súa invitación a formar parte do acontecemento sobre o que propón establecer algún sistema de rexistro para comprobar se bate récord de participantes.

Leer más:   O vigués Sen Senra actuará en Castrelos o 25 de xullo

A directora da carreira explicou que 2024 é o ano en que a Holi Life “tiña que volver a Vigo porque aquí sentímonos a gusto e felices”.

Noemí Latorre avanzau que a edición Remember está pensada para que os participantes volvan bailar os temas dos anos 90 do pasado século e do 2000, e está dirixida “para todo o que teña o espírito novo”. Sinalou que nesta edición haberá moito máis pos de cores, máis glitter, “para que volva ser incrible”.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse na praia de Samil, ante o aparcamento das pistas de tenis, a partir das 10 da mañá porque ás 11 darase a saída, e a través da web www.holilife.es.

Leer más:   Caballero pon en valor o apoio ao naval coa Zona de Innovación a despregar en Navalia


- Te recomendamos -
Artículo anteriorTravesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura
Artículo siguienteAlumnos do Colegio Losada adéntranse no coñecemento da historia da Reconquista de Vigo