Abel Caballero anunciou hoxe que ata o venres 10 de maio permanecerá aberto o prazo para participar na “IX Adaina polos montes de Vigo”, parte do programa “Camiño a Camiño”, que se celebrará o domingo 12 de maio con saída no Parque Forestal de Saians. As inscricións poderán realizarse a través do servizo municipal do 010.
O alcalde quere superar os 1.000 participantes na “IX Andaina polos Montes de Vigo”, organizada o domingo 12 de maio con traxectos de distinta lonxitude: un longo de preto de 20 quilómetros, outro curto de 5 quilómetros e o roteiro peque.
O rexedor explicou que entre os obxectivos atópase achegar aos participantes “á contorna natural e poñer en valor o patrimonio paisaxístico e arqueolóxico de Vigo”.
Caballero apuntou que a andaina comezará no Parque Forestal de Saians para percorrer o Monte dos Pozos, os carreiros de Valladares, Matamá, Comesaña, Coruxo, Oia e Saians.
La **Emilio Sánchez Academy** ha sido reconocida con la ‘**Middle States Athletics Program Distinction**’ por…
La primavera es un buen momento para adoptar unas rutinas de cuidado de la piel…
La Inteligencia Artificial (IA) es una oportunidad para transformar el modelo educativo y replantear los…
Escoitar Abel Caballero explicou este venres aos 40 alumnos do Colexio Plurilingüe O Pombal que…
Escoitar Abel Caballero animou ao alumnado do Ceip Belesar e da Escola Municipal de Teatro,…
mércores, 8 mai 2024 A rúa do Príncipe acolle dende esta mañá a exposición das…
Esta web usa cookies.