Inicio Últimas Noticias O Concello dá un paso máis para a construción da Biblioteca do...

O Concello dá un paso máis para a construción da Biblioteca do Estado

O goberno local aprobará o martes que vén o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións da Biblioteca do Estado o que permitirá avanzar na construción desta dotación. En tres meses, o Concello estará en condicións de cederlle os terreos ao Ministerio de Cultura.

O Concello segue dando pasos “importantísimos” para a construción da Biblioteca do Estado na cidade. Tal e como informou o alcalde, o próximo martes, a Xerencia de Urbanismo aprobará provisionalmente o Plan Especial de Infraestruturas, unha vez sometido a información pública e incorporados todos os informes preceptivos.

A continuación, enviarase o documento á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta que terá tres meses para emitir o informe que dará vía libra á aprobación definitiva en sesión plenaria. Por tanto, aclarou, en tres meses estaremos en condicións de poñer os terreos a disposición do Goberno de España para licitar a construción da Biblioteca do Estado. Caballero recordou que o anterior ministro de Cultura, Miquel Iceta, cifrou o orzamento deste proxecto en 22 millóns de euros, unha cifra similar á de Barcelona.

Leer más:   O goberno municipal aproba a convocatoria de becas de comedor, libros e material por 1.427.700 euros


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello apoiará con 175.000€ á organización da Copa do Mundo de Paratríatlon e da proba da Copa de Europa de Tríatlon
Artículo siguienteVías e Obras Un novo ascensor conectará as rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira O alcalde anunciou a aprobación do proxecto para construír o ascensor na rúa Juan Ramón Jiménez para unir, co segundo elemento mecánico, as rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira.