Inicio Últimas Noticias A unanimidade do Pleno pide á Xunta a reforma dos centros educativos...

A unanimidade do Pleno pide á Xunta a reforma dos centros educativos públicos da cidade

A moción socialista defende a obrigatoriedade do goberno autonómico de garantir que os escolares “poidan formarse nas mellores condicións”. Quedou aprobada tamén a demanda de Vigo á Xunta para eliminar o copagamento das escolas infantís de titularidade autonómica.

A concelleira de Educación, Olga Alonso defendeu no Pleno a necesidade de que a Xunta de Galicia invista na reforma de tódolos espazos dos centros educativos públicos vigueses que o precisen, poñendo en marcha un plan plurianual serio, rigoroso, obxectivo, dotado economicamente e cun calendario preciso.

“É unha demanda da comunidade educativa viguesa”, sinalou, porque “as necesidades son moitas, dada a antigüidade das infraestruturas educativas públicas da nosa cidade e a falta de investimentos por parte da administración competente que é a Xunta de Galicia”. A moción foi aprobada pola unanimidade da Corporación municipal.

Leer más:   Caballero felicita ás xogadoras do Carballal polo seu ascenso á División de Honra Ouro Feminina

Copagamento das escolas infantís

O Pleno aprobou tamén, co voto en contra do PP e os votos favorables de PSOE e BNG, a moción na que o grupo municipal socialista insta á Xunta de Galicia a aprobar as medidas normativas necesarias para eliminar o copagamento obrigatorio do Concello de Vigo das Escolas Infantís de titularidade autonómica e que compense economicamente ao Concello polos gastos de funcionamento das Escolas Infantís Municipais así polo servizo de comedor gratuíto que se presta nelas.

Tal e como expuxo o edil de Facenda, Jaime Aneiros, o Concello de Vigo asume anualmente un custo de 205.500 euros sen que poida participar na xestión das escolas autonómicas nin coordinar a asignación de nenos e nenas entre a redes municipal e a autonómica. Considera que a Xunta “debe asumir os gastos e os investimentos” que son da súa competencia e “xa que ten fondos sen executar, que libere ao Concello de Vigo de facer fronte a este copagamento”.

Leer más:   As escolas municipais de Música e Teatro presentan o espectáculo “Lingua guapa”


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello de Vigo, líder en España no pago a provedores, con 6,5 días de media
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 30 de abril de 2024