Categorías: Últimas Noticias

O parque forestal de Saiáns acolle a IX Andaina polos Montes de Vigo

O rexedor vigués, acompañado de responsables de Vegalsa-Eroski e da Mancomunidade de Montes de Vigo, presentou o evento, incluído no programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño”. Terá lugar o vindeiro domingo 12 de maio co obxectivo de “achegar aos participantes á contorna natural e poñer en valor este patrimonio e as paisaxes a través dos nosos parques forestais”.

O Concello de Vigo pon en marcha a IX Andaina polos Montes de Vigo, incluída no programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño”. O evento faise en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, asociación que agrupa ás catorce comunidades de montes viguesas, e conta co patrocinio de Vegalsa – Eroski, que contribúe a que o evento conte cos kits de abastecemento.

Abel Caballero sinalou que busca por “en valor o patrimonio natural e paisaxístico” co que conta a nosa cidade. A IX Andaina polos Montes de Vigo consiste nun encontro dos vigueses e viguesas co entorno no que viven en plena explosión da primavera, co obxectivo de superar os 1.000 participantes entre as tres modalidades de andaina (19,8km, 8,4km e 5,2km).

Conta cunha especial invitación ao público familiar para realizar a Peque-Ruta (aproximadamente 2km) e para participar nas actividade lúdicas previstas. Tamén está contemplada unha Ruta adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Nesta edición as andainas e actividades terán lugar no Parque Forestal de Saiáns como punto central, e circularán polo Parque Forestais de Pozos e por algúns dos tramos dos sendeiros locais de Valladares, Matamá, Comesaña, Coruxo, Oia e Saiáns. Os participantes terán ocasión de achegarse a algúns dos miradoiros máis destacados de Vigo, como o de Matamá, o de Bandeira ou o de Castro Alto de Medoña, así como a restos arqueolóxicos, muíños e fragas que se atopan polo traxecto.

Redacción

Entradas recientes

Prepárate porque llega el mal tiempo este fin de semana a Vigo

La Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) ha emitido una alerta para el próximo fin de…

1 hora hace

Caos en el puente de Rande por accidente múltiple: largas retenciones hacia Pontevedra

Un accidente múltiple en el puente de Rande ha provocado varios kilómetros de retenciones en…

3 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 17 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo se prevén cielos cubiertos con tormentas y…

8 horas hace

Alumnado do colexio A Nosa Señora da Esperanza percorren a Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Escoitar O alcalde animou hoxe aos alumnos do colexio A nosa Señora da Esperanza a…

17 horas hace

Estudantado do Colexio Jesuitinas-Miralba interénsanse por a actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Escoitar Abel Caballero explicou hoxe a 25 alumnos de quinto de primaria do Colexio Jesuitinas-Miralba,…

17 horas hace

Esta web usa cookies.