Categorías: Últimas Noticias

O TSXG confirma que O Porriño debe pagar 5,6 millóns pola auga que recibe de Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia volve darlle a razón ao Concello de Vigo na súa reclamación ao Concello do Porriño de 5,6 millóns polo pago da auga que recibe do embalse de Eiras. A sentenza rexeita todos os motivos de nulidade alegados polo municipio da Louriña sobre un acordo asinado en 1998 polo que Vigo lle facilitaba auga ao polígono da Granxa.

A resolución do TSXG desestima o recurso de apelación de O Porriño obrigándoo a pagar 5,6 millóns pola agua que recibe do embalse de Eiras. A sentenza, explicou o rexedor, ratifica a resolución de instancia que estableceu axeitado a dereito o acordo plenario do 28 de decembro de 2022 polo que se inadmitiu a trámite unha solicitude de revisión de oficio doutro acordo plenario de 1998. Este pacto determinaba a cantidade esixible por parte do Concello de Vigo ao de O Porriño pola utilización conxunta do canal e presa de Eiras.

O TSXG rexeita todos os motivos de nulidade que reiterou O Porriño na súa apelación e establece que o acordo de 1998 non afectou á autonomía local da administración apelante. Tal e como lembrou o rexedor, o municipio de A Louriña estivo facendo pagos durante algúns anos pero deixaron de facelos cando estiveron gobernados polo PP, optando pola vía xudicial. A orixe deste convenio foi que Vigo lle facilitara agua ao polígono de A Granxa.

A débeda de O Porriño co Concello de Vigo ascendía a 5.675.404,84 euros ata o peche do ano 2023.

Redacción

Entradas recientes

Prepárate porque llega el mal tiempo este fin de semana a Vigo

La Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) ha emitido una alerta para el próximo fin de…

51 mins hace

Caos en el puente de Rande por accidente múltiple: largas retenciones hacia Pontevedra

Un accidente múltiple en el puente de Rande ha provocado varios kilómetros de retenciones en…

2 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 17 de mayo de 2024

Durante las primeras horas del día en Vigo se prevén cielos cubiertos con tormentas y…

8 horas hace

Alumnado do colexio A Nosa Señora da Esperanza percorren a Reconquista co programa municipal "A máquina do tempo"

Escoitar O alcalde animou hoxe aos alumnos do colexio A nosa Señora da Esperanza a…

17 horas hace

Estudantado do Colexio Jesuitinas-Miralba interénsanse por a actividade municipal co programa "Coñece o teu Concello"

Escoitar Abel Caballero explicou hoxe a 25 alumnos de quinto de primaria do Colexio Jesuitinas-Miralba,…

17 horas hace

Esta web usa cookies.