Inicio Últimas Noticias Caballero valora o liderado de Vigo no pago a proveedores

Caballero valora o liderado de Vigo no pago a proveedores

O alcalde constatou este luns que o liderado do Concello no pago a provedores tanto en Galicia como no conxunto de España, verificado en febreiro cun prazo de abono das facturas en 6,5 días, evidencia a “situación excepcional das finanzas de Vigo”.

“Non temos débedas e pagamos con enorme rapidez” defendeu hoxe Abel Caballero ante a constatación de que o pasado mes de febreiro o Concello pagou aos seus provedores en 6,5 días, mentres o prazo da administración galega foi de 16 días, “case a terceira parte do tempo de Vigo. Infinitamente máis rápido que as empresas e que calquera outro concello de España”, recalcou.

“É moi importante para as empresas recibir rápido o pago dos servizos que prestan ao Concello”, incidiu o rexedor ao sinalar que mentres Vigo paga en 6,5 días aos seus provedores, en Pontevedra o prazo é de 39 días, en Ferrol de 30 e en Lugo de 16. “Isto é apoio á economía”, recalcou.

Leer más:   O 010 incorpora un servizo de vídeo interpretación en lingua de signos


- Te recomendamos -
Artículo anteriorQue Faena(r)!, pavillón temporal do Festival TAC na Porta do Sol
Artículo siguienteArrancan as XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar